TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Bienestar Turismo sostenible
  • Galicia coida a súa diversidade paisaxística a través do fermosismo

Galicia coida a súa diversidade paisaxística a través do fermosismo

A liña de axudas autonómicas para concellos e particulares abrangue xa 295 municipios, preto do 95 % de Galicia

Redacción

9 septiembre, 2025

A paisaxe inflúe na calidade de vida e no benestar das persoas. Co obxectivo de protexer a rica diversidade paisaxística da nosa comunidade, a Xunta de Galicia convoca anualmente, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, unha liña de axudas para mellorar a súa calidade de vida, independentemente do lugar de residencia.

Trátase dunha subvención dirixida á cidadanía galega e tamén aos concellos, que permite mellorar impactos paisaxísticos nos bens inmobles, producidos por deterioro ou mal estado de conservación.

No caso da Administración local, os concellos poden optar a esta liña de axudas para corrixir impactos paisaxísticos en edificios destinados á prestación de servizos municipais, así como en equipamentos da súa titularidade destinados ao uso da poboación.

Unha estratexia de longo percorrido

Con estas subvencións, a Xunta de Galicia promove a implicación da sociedade galega na súa aposta polo fermosismo, posto que é fundamental para a conservación, a mellora e a posta en valor da paisaxe galega. Así, o Plan estratéxico da paisaxe 2021-2024 contempla accións de protección, potenciación e mellora das paisaxes, xunto coa formación, a sensibilización e a educación neste eido.

Para lograr estes obxectivos, as liñas operativas definidas inclúen un Plan para o control e a eliminación do ‘feísmo’ en Galicia, que se concreta nunhas axudas pioneiras para corrixir os impactos paisaxísticos, destinadas a particulares e concellos, convocadas por vez primeira en 2021 e xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio (IET).

Foto do edificio de Usos Múltiples de Curtis antes da actuación.
Foto do edificio de Usos Múltiples de Curtis despois da actuación.

Durante este tempo, esta estratexia acadou unha gran repercusión, con resultados moi positivos no ámbito ambiental e tamén social. As cifras falan por si soas. Nos últimos cinco anos, a Xunta concedeu un total de 2.889 axudas a concellos e particulares por importe de 11,6 millóns de euros, o que supón a mobilización dun investimento global de 16,5 millóns de euros.

Desde a posta en marcha desta liña, as axudas aprobadas xa chegaron a un total de 295 concellos, o que representa preto do 95 % do total (é dicir, 313 municipios). En canto á convocatoria deste ano 2025, o executivo galego aprobou 348 axudas a particulares e 55 a concellos (destinadas a un total de 84 actuacións).

Axudas a concellos e a particulares

Para optar a estas axudas, divididas en dúas liñas de financiamento, os concellos deben ter menos de 20.000 habitantes e poden beneficiarse dun máximo de 40.000 euros (20.000 euros por liña). As axudas fináncianse integramente con fondos propios da Xunta con 1 millón de euros, sendo a axuda en cada solicitude do 70 % do orzamento do investimento subvencionable.

A primeira das modalidades é para renovación e remate exterior de fachadas, cubertas e muros de cerramento de edificios municipais que teñan un acabado final inadecuado ou mal conservados; e a segunda liña, para mellorar o aspecto e a conservación de elementos etnográficos como fontes, lavadoiros públicos, palcos de música e hórreos, así como muros de peche das parcelas de emprazamento dos equipamentos e acondicionamento exterior de fachadas, cubertas e outros elementos.

No caso dos particulares, as axudas están destinadas a intervencións en fachadas, cubertas e muros de peche, así como á retirada de elementos adxacentes que prexudiquen a imaxe ou causen algún impacto nos bens nos que se pretende intervir (novidade introducida en 2024).

Foto do lavadoiro de Santaia antes da actuación.
Foto do lavadoiro de Santaia despois da actuación.

As axudas fináncianse con fondos propios da Xunta, inicialmente 1 millón de euros, sendo a axuda do 70 % do orzamento do investimento subvencionable en cada solicitude, cun límite máximo de 3.000 euros por beneficiario e ben.

Nas fachadas poden subvencionarse actuacións de revestimento, así como substituír placas de fibrocemento e outros materiais inadecuados nas cubertas. En canto aos muros de peche, o novo revestimento poderá realizarse con pintura, morteiros (para quedar vistos) ou chapados de pedra (segundo as características da zona).

Con esta aposta decidida polo fermosismo, o Goberno autonómico busca aumentar a sensibilidade fronte ás alteracións ou os impactos en relación coa paisaxe, e fomentar a colaboración da cidadanía coas administracións públicas.

También en TUR43

4 junio 2026

Galicia busca el apoyo del sector turístico portugués para impulsar el Xacobeo 2027


Leer más

Foto: Turismo de Galicia

3 junio 2026

Galicia refuerza su posicionamiento internacional con la marca Galicia Calidade y el impulso al Xacobeo 2027


Leer más

Foto: Turismo da Coruña.

8 mayo 2026

A Coruña gana el premio al ‘Mejor proyecto de sostenibilidad turística’ en los Viajes National Geographic 2026


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Guillermo Navarro: «Una de las grandes fortalezas del croquet es que es un deporte verdaderamente inclusivo»
    12 junio 2026
  • Vilanova dos Infantes recibe el distintivo de ‘Los Pueblos Más Bonitos de España’ y refuerza el turismo rural
    11 junio 2026
  • 0
    Galicia busca al Mejor Cocinero de Tapas 2026 en una nueva edición de ‘Siete ciudades, Siete sabores’
    10 junio 2026
  • Paderne impulsa el enoturismo local con la III Feira do GastroLexítimo, dedicada al Branco Lexítimo
    9 junio 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Guillermo Navarro: «Una de las grandes fortalezas del croquet es que es un deporte verdaderamente inclusivo»
    12 junio 2026
  • Santiago Villanueva: «Eventos como el Circuito TUR 43 Galicia Calidade son una magnífica herramienta de promoción para la Ribeira Sacra»
    5 junio 2026
  • Xosé Regueira: «A eclipse é unha oportunidade única de proxección internacional»
    23 abril 2026
  • Carmen Sánchez: “Todo o que sexa divulgación e promoción para os nosos produtores é magnífico”
    23 octubre 2025
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}