TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Destinos
  • Ulla-Tambre-Mandeo: un corazón verde que late entre ríos, camiños e tradición

Ulla-Tambre-Mandeo: un corazón verde que late entre ríos, camiños e tradición

Este xeodestino, regado polas augas dos tres grandes ríos, agasalla ao visitante cunha viaxe entre natureza, lendas e sabores

Fotos: Deputación da Coruña. Festival da Luz de Boimorto.

Lidia Fernández

14 agosto, 2025

Hai lugares que non se visitan, senón que se viven. Que non se entenden coa cabeza, senón co corpo, coa pel, co paso tranquilo polo sendeiro húmido, co arrecendo da terra mollada, co sabor doce e cálido dun melindre. O xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo, situado no corazón verde da provincia da Coruña, é un deses lugares. Formado polos concellos de Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro e Vilasantar, este territorio interior é un tecido de natureza, memoria, espiritualidade e sabor.

O nome do xeodestino non é casual. Os ríos Ulla, Tambre e Mandeo, tres arterias vitais, non só percorren fisicamente o territorio, senón que tamén o moldean, definindo a súa historia, a súa economía, o seu carácter. Son fíos líquidos que cosen entre si aldeas, camiños, fragas e tradicións.

A natureza como forma de ser

A paisaxe do Ulla-Tambre-Mandeo é unha oda á Galicia máis auténtica, esa que se descubre sen ruído, sen estridencias, sen intermediarios. Aquí, a auga é protagonista: os cursos do Tambre, do Mendo e do Mandeo, dende as súas fontes ata o seu lento discorrer entre vales e fragas, definen unha xeografía de verde intenso, de calmas profundas, de sons naturais que acompañan ao visitante como unha melodía constante.

As beiras destes ríos agochan pequenos paraísos: zonas húmidas de alto valor ecolóxico, pozas secretas onde a auga repousa, bosques de ribeira que se despregan como túneles de sombra e frescor. Estes espazos naturais son ideais para o sendeirismo, a observación de aves ou simplemente para perderse, co desexo de atoparse.

A paisaxe do Ulla-Tambre-Mandeo é unha oda á Galicia máis auténtica, esa que se descubre sen ruído, sen estridencias, sen intermediarios

A fervenza de Santa Marta, tamén coñecida como Fervenza das Hortas, exerce de límite natural entre a parroquia de San Cristovo de Dombodán, no concello de Arzúa, e a parroquia de Santa María de Turces, no de Touro.

Recibe este nome por una lenda asociada á santa. Contan que una rapaza que acudía con asiduidade ao muíño que se atopa nas entrañas dese lugar quedou embarazada do seu mozo e este, ao coñecer a noticia, rexeitouna. Non conforme con iso, intentou asasinala tirándoa dende o alto da fervenza. Mentres ela caía, exclamaba: “Santa Marta me auxilie”, e nese momento un carballo parou a súa caída, salvándolle a vida.

Así pois, podería dicirse que no xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo o protagonismo recae nas paraxes naturais vinculadas aos sistema fluvial Ulla-Deza (Touro) e aos Lugares de Importancia Comunitaria do Río Tambre (O Pino) e da Serra do Careón (Melide, Santiso e Toques). Un total de nove sendas homologadas percorren a práctica totalidade destes municipios.

Serra do Careón, Melide.

Pegadas antigas que resisten o tempo

O patrimonio do xeodestino non está feito só de paisaxe, senón tamén de pedra con memoria. En Toques, no lugar de Muruxosa, agochado entre carballos e toxos, álzase unha xoia do megalitismo galego: o Forno dos Mouros. Este dolmen, datado arredor do ano 3000 a.C., é unha das mostras máis antigas do poboamento humano nesta comarca. Declarado Ben de Interese Cultural, segue a ser hoxe un lugar de fascinación para arqueólogos, visitantes e soñadores que queren sentir o latexo dunha Galicia ancestral.

No xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo o protagonismo recae nas paraxes naturais vinculadas aos sistema fluvial Ulla-Deza

Pero non é a única mostra patrimonial: igrexas románicas, cruceiros, casas reitorais e muíños salpican o mapa desta terra. En Boimorto ou Vilasantar, por exemplo, é frecuente atopar capelas rurais que gardan no seu interior retablos sinxelos pero cheos de devoción. Cada pedra ten unha historia. Cada aldea, un relato transmitido ao carón do lume.

O patrimonio relixioso desta parte de Galicia non ten rival, coas igrexas de Santa María e Sancti Spiritus en Melide; a de Santo Antolín, en Toques; a de Santa María de Mezonzo, en Vilasantar; ou as pinturas murais da igrexa de Santa María de Boimorto.

Camiños que se entrelazan

Este territorio ten unha característica única: é un cruceiro natural dos camiños a Compostela. Aquí conflúen tres das rutas xacobeas máis significativas: o Camiño Francés, o Camiño Primitivo e o Camiño do Norte.

Melide, ademais de ser coñecida polos seus doces, é o punto onde o Camiño Primitivo se funde co Francés. Unha vila de cruzamentos, de pasos, de historias que se entrelazan nas rúas de pedra. Arzúa e O Pino son os últimos bastións antes de Compostela, e alí o peregrino detense, repousa, sente que a meta está preto pero que tamén importa o camiño. Nesta ruta atópanse os fornos de cal de A Castañeda (Arzúa) ou a capela da Madalena, que pertenceu a un convento do século XIV para atender aos peregrinos.

Este territorio ten unha característica única: é un cruceiro natural dos camiños a Compostela. Aquí conflúen tres das rutas xacobeas máis significativas: o Camiño Francés, o Camiño Primitivo e o Camiño do Norte

Toques, máis discreto pero igual de esencial, forma parte da ruta do Camiño Primitivo, e o seu silencio profundo dálle ao peregrino un espazo para a introspección. O Camiño do Norte, pola súa banda, únese aos anteriores para non perderse as marabillas gastronómicas e culturais do lugar.

Forno dos Mouros (Toques).

A gastronomía: un mapa de sabores

Pero se hai algo que define a alma dun pobo é o que come, como o prepara e como o comparte. O Ulla-Tambre-Mandeo non é alleo a esta verdade. Aquí, a gastronomía é cultura, é historia e é orgullo.

O queixo Arzúa-Ulloa, con Denominación de Orixe Protexida, é o emblema deste xeodestino. De pasta branda, textura cremosa e sabor delicado, este queixo nace nas granxas dos concellos que compoñen o territorio, que vai máis alá do xeodestino: Arzúa; Boimorto; Curtis; Frades; Mesía; Ordes; Oroso; O Pino; Santiso; Sobrado; Toques; Touro; Vedra e Vilasantar. É un produto que fala da relación co gando, co campo, co coidado dun saber facer que pasa de pais a fillos.

O queixo Arzúa-Ulloa, con Denominación de Orixe Protexida, é o emblema deste xeodestino

En Melide, outro produto fai boca: os melindres. Estes doces tradicionais, de forma redonda e cubertos cun brillante glaseado branco, son símbolo de festa e de tradición. A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide, celebrada cada primavera, é moito máis ca unha feira gastronómica: é un encontro co sabor da infancia, coas receitas gardadas en cadernos vellos, coas mans sabias das avoas que manteñen viva a doce memoria da vila.

E máis alá dos queixos e melindres, o xeodestino ofrece unha ampla variedade de produtos locais: mel, pan artesanal, embutidos de porco celta, viños da terra… Cada prato aquí conta unha historia.

Festas que manteñen viva a identidade

As festas deste xeodestino son a expresión máis visible do seu espírito comunitario. Non hai mes do ano sen celebración. Dende as romarías relixiosas ata as feiras de gando, pasando polos encontros musicais ou gastronómicos, todo é ocasión para reunirse e reivindicar unha forma de vida que, malia os tempos, resiste.

En Arzúa, ademais da súa Festa do Queixo, celébranse actividades culturais que mesturan música, tradición e arte contemporánea. Boimorto, pola súa banda, é sede do coñecido Festival da Luz, impulsado pola artista Luz Casal, que cada ano enche o rural de música, solidariedade e visibilidade.

Boimorto é sede do coñecido Festival da Luz, impulsado pola artista Luz Casal, que cada ano enche o rural de música, solidariedade e visibilidade

As festas patronais de Santiso, Vilasantar ou Touro son momentos clave no calendario, onde os veciños comparten mesa, danzan, cantan e manteñen viva unha identidade que non se rende á globalización.

Igrexa de Santa María, en Melide.

Arquitectura, memoria e espírito rural

Un trazo distintivo deste xeodestino é a súa arquitectura tradicional. Os hórreos, os pazos rurais, as casas de labranza con patín, e os muíños de río, conforman unha paisaxe humana integrada na natureza. Moitas destas construcións foron recuperadas e reconvertidas en aloxamentos rurais, ofrecendo ao visitante unha experiencia auténtica e conectada co entorno.

Un trazo distintivo deste xeodestino é a súa arquitectura tradicional. Os hórreos, os pazos rurais, as casas de labranza con patín, e os muíños de río, conforman unha paisaxe humana integrada na natureza

Pero tamén hai vestixios do pasado feudal e señorial, con pazos como o de Vilar de Ferreiros, en Santiso, que data do século XV. Neste sentido, o urbanismo rural destes concellos conserva o sabor da Galicia máis pura: vilas pequenas, prazas vivas, igrexas románicas e cemiterios rodeados de muros de pedra cubertos de herba.

Un xeodestino que se queda no corazón

En resumo, Ulla-Tambre-Mandeo non é un destino de postal. É un lugar para sentir, para estar, para quedarse aínda que só sexa co pensamento. Tamén é un territorio que nos convida a recoñecer a Galicia que nos habita por dentro: a do contacto coa natureza, co pasado, coa comida feita a lume lento, co silencio que fala máis que mil palabras.

É unha Galicia de río, de camiño e de lume. Un xeodestino para quen busca non só paisaxe, senón paisaxe interior. Para quen entende que viaxar tamén é volver ao esencial.

También en TUR43

17 junio 2026

La Llorea toma el relevo en el Circuito TUR 43 Galicia Calidade este sábado


Leer más

Turismo de Galicia

15 junio 2026

Galicia da el pistoletazo de salida al verano con los grandes festivales de los Concertos do Xacobeo


Leer más

Foto: Adobe Stock

11 junio 2026

Vilanova dos Infantes recibe el distintivo de ‘Los Pueblos Más Bonitos de España’ y refuerza el turismo rural


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • La Llorea toma el relevo en el Circuito TUR 43 Galicia Calidade este sábado
    17 junio 2026
  • Arturo Zarauza: «Es un orgullo habernos consolidado en un Circuito del prestigio de TUR 43 Galicia Calidade»
    16 junio 2026
  • 0
    Galicia da el pistoletazo de salida al verano con los grandes festivales de los Concertos do Xacobeo
    15 junio 2026
  • Vilanova dos Infantes recibe el distintivo de ‘Los Pueblos Más Bonitos de España’ y refuerza el turismo rural
    11 junio 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Arturo Zarauza: «Es un orgullo habernos consolidado en un Circuito del prestigio de TUR 43 Galicia Calidade»
    16 junio 2026
  • Santiago Villanueva: «Eventos como el Circuito TUR 43 Galicia Calidade son una magnífica herramienta de promoción para la Ribeira Sacra»
    5 junio 2026
  • Xosé Regueira: «A eclipse é unha oportunidade única de proxección internacional»
    23 abril 2026
  • Carmen Sánchez: “Todo o que sexa divulgación e promoción para os nosos produtores é magnífico”
    23 octubre 2025
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}