TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Enogastronomía
  • A enogastronomía da Coruña consolídase en Madrid Fusión 2026

A enogastronomía da Coruña consolídase en Madrid Fusión 2026

A Deputación pon en valor o produto de quilómetro cero, o talento culinario e o enoturismo da provincia no escaparate gastronómico

Fotos: Deputación da Coruña

Lidia Fernández

29 enero, 2026

A Deputación da Coruña pechou este mércores a súa participación en Madrid Fusión 2026 reforzando a proxección nacional e internacional da enogastronomía provincial, á que define como un auténtico “Silicon Valley”: un ecosistema baseado no talento profesional, na innovación, no coñecemento e na excelencia do produto local. Durante as tres xornadas do certame, a entidade provincial puxo en valor a riqueza gastronómica do territorio a través da campaña “A paisaxe que sabe”, cunha elevada afluencia de público e unha notable resposta do sector profesional.

Por cuarto ano consecutivo, a Deputación estivo presente nunha das feiras gastronómicas máis importantes do Estado, reafirmando a súa aposta pola enogastronomía como principal produto turístico e polo enoturismo como valor competitivo da provincia. “Alimentos de proximidade, da nosa terra e do noso mar e de primeira calidade”, destacou o vicepresidente provincial e responsable de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira, quen subliñou que este tipo de escaparates permiten posicionar a oferta coruñesa no mercado internacional.

A Deputación estivo presente nunha das feiras gastronómicas máis importantes do Estado, reafirmando a súa aposta pola enogastronomía como principal produto turístico e polo enoturismo.

Ao longo do evento, os produtos de quilómetro cero foron os grandes protagonistas: galletas, queixos, mexillón, produtos da horta, viños e conservas, procedentes de practicamente todo o territorio provincial. Centos de persoas achegáronse ao stand da Deputación para coñecer de primeira man a diversidade da despensa coruñesa e as múltiples posibilidades de transformación e reinterpretación culinaria, tanto desde a tradición como desde a cociña contemporánea.

Produtores locais consolidados

As presentacións e degustacións comezaron xa na xornada inaugural con referencias consolidadas como as Gallegas de Nata da Coruña, A Despensa D’Lujo (Coristanco), A Conserveira (A Pobra do Caramiñal), os queixos de Galmesán, os produtos da horta ecolóxica de Os Biosbardos (Cambre) ou as elaboracións da marca santiaguesa Chichalovers.

A combinación de propostas permitiu amosar non só a calidade da materia prima, senón tamén a súa versatilidade e o potencial de colaboración entre empresas do propio territorio. Tamén houbo espazo para as catas, como a que ofreceu Óscar Ramil, xerente do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa, da man dunha ponencia na que puxo en valor a calidade dos queixos da denominación de orixe.

En Madrid Fusión participaron produtores locais consolidados como Gallegas de Nata, A Despensa D’Lujo, A Conserveira, Galmesán, Os Biosbardos e Chichalovers

A cociña en directo tivo un papel central na programación. Nas primeiras xornadas, Fabián Mouzo e Lara Alvarellos, do restaurante O Camiño Fala (Mazaricos), reivindicaron a cociña ligada á memoria e ao receitario popular con elaboracións como callos ao estilo de Carnés ou albóndegas de atún en salsa verde.

Silvia Facal e Rafa Varela, do restaurante Balarés (Ponteceso), ofreceron unha visión máis contemporánea do produto de baixura e da súa ligazón co Atlántico, presentando pratos como mexillón do Barbanza en escabeche caseiro ou pescada de baixura con emulsión de axada galega e chícharo bágoa. Ademais, na segunda xornada recolleron o premio ao hotel co mellor almorzo outorgado pola organización de Madrid Fusión.

Dimensión enolóxica en Madrid Fusión

A dimensión divulgativa e enolóxica estivo presente da man do sumiller e formador Alejandro Paadín, que ofreceu relatorios e catas centradas nos viños das indicacións xeográficas protexidas Terras do Barbanza e Iria e Betanzos, así como en diferentes proxectos de enoturismo da provincia. Para Regueira, esta vertente é clave para explicar que “a paisaxe tamén se bebe” e que o viño forma parte esencial da identidade gastronómica do territorio.

A dimensión divulgativa e enolóxica estivo presente da man do sumiller e formador Alejandro Paadín, que ofreceu relatorios e catas centradas nos viños das indicacións xeográficas protexidas Terras do Barbanza e Iria e Betanzos

O broche final púxoo a chef con estrela Michelin Lucía Freitas, do restaurante A Tafona (Santiago de Compostela), con dous showcookings nos que elaborou propostas de alta cociña vencelladas ao territorio, como cabaza asada de Os Biosbardos con pesto emulsionado de Galmesán, mexillón tigre e guiso de navallas con salsa verde de algas, empregando produtos da provincia.

Segundo destacou o vicepresidente provincial, a participación en Madrid Fusión responde a unha estratexia sostida no tempo, iniciada hai catro anos, cando a enogastronomía se consolidou como o primeiro produto turístico da provincia. “A nosa cadea de valor enogastronómica é o noso verdadeiro Silicon Valley”, afirmou, un ecosistema que, engadiu, é necesario coidar, protexer e proxectar, especialmente no ámbito internacional.

También en TUR43

Fotos: Sabela Arteaga de Cominges

8 octubre 2026

OPC Galicia reivindica en Madrid el potencial de A Coruña para competir en el turismo MICE


Leer más

Foto: Tourism Innovation Summit.

6 octubre 2026

El sector turístico reclama en TIS2026 una IA orientada a redistribuir los flujos y mejorar la gestión de los destinos


Leer más

Foto: Yanka Soto.

5 octubre 2026

Antón Viñuela: «Lo mejor ha sido conocer aún más la gastronomía gallega»


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • OPC Galicia reivindica en Madrid el potencial de A Coruña para competir en el turismo MICE
    8 octubre 2026
  • El sector turístico reclama en TIS2026 una IA orientada a redistribuir los flujos y mejorar la gestión de los destinos
    6 octubre 2026
  • Galicia refuerza en Italia su apuesta por el turismo premium con la Ruta de la Camelia como reclamo
    6 octubre 2026
  • Antón Viñuela: «Lo mejor ha sido conocer aún más la gastronomía gallega»
    5 octubre 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Antón Viñuela: «Lo mejor ha sido conocer aún más la gastronomía gallega»
    5 octubre 2026
  • Mar Ferreiro: «A desestacionalización é un elemento clave do turismo deportivo»
    29 septiembre 2026
  • Jairo Aldana: «El Circuito TUR 43 Galicia Calidade es una oportunidad para proyectar Galicia como destino»
    25 septiembre 2026
  • Paulo Ferreira: «Este circuito nos permite posicionar Vidago como destino de golf»
    23 septiembre 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}