Fotos: Deputación da Coruña
6 noviembre, 2025
Este mércores, 5 de novembro, púxose punto e final a un evento destacado no calendario gastronómico nacional: o Gastronomic Forum Barcelona, onde o departamento de Turismo da Deputación da Coruña presentou unha campaña coa que están colleitando grandes éxitos, ‘A paisaxe que sabe’.
Esta participación deixa, en palabras do vicepresidente, Xosé Regueira, “un balance moi positivo”, así como motivos suficientes para augurarlle un gran futuro aos sectores da agroalimentación e da restauración da provincia.
Regueira celebrou o éxito de todas as propostas que o seu departamento presentou no foro. “Unha vez máis, marchamos do Gastronomic Forum de Barcelona moi satisfeitos”, afirmou. “Primeiro, coa acollida que tivo toda a nosa programación durante estes tres días. Unha programación moi completa, con moitos eventos, con exposición de produto, evidentemente, pero tamén con moita cata, con moita degustación, con moita cociña en vivo. O noso espazo estaba absolutamente completo durante as tres xornadas; había xente mesmo nos corredores intentando seguir as nosas propostas”, asegurou.
Xosé Regueira: “Unha vez máis, marchamos do Gastronomic Forum de Barcelona moi satisfeitos”
Nunha delas, o obradoiro gastronómico que presentou Chechu Rey na Sala Ágora, puidose comprobar “o músculo que ten agora o noso sector da restauración”. O vicepresidente salientou que “parte da nosa satisfacción é marchar co convencemento de que con xente e con empresas coma as que nos acompañan nos diferentes eventos aos que imos, o rural e o sector enogastronómico do noso territorio teñen un futuro enorme que debe, no curto prazo, ser capaz de xerar dinámicas moi positivas, tanto para o turismo coma para a creación dun emprego de calidade”.
Nesta ocasión, participaron na programación da Deputación as empresas de produción local Costumes Galicia; Gallegas de Nata; Galmesán; Cafés Aruba; Algas Mar de Ardora; LeNatt Foods; Mariscos de Barallobre; A Conserveira; Cien por Cel; Bodegas Lodeiros; Martietas de Fío, e Bonilla a la Vista.
Por outra banda, o sumiller Alejandro Paadín ofreceu conferencias sobre os viños da IXP Betanzos, os da zona de Barbanza e Iria e os da Ribeira do Ulla. E, en canto aos chefs, participaron Iria Espinosa, do restaurante Árbore da Veira; Nair González, de Muelle 43 de Mugardos; Kike Piñeiro e Eloy Cancela, de A Horta do Obradoiro, e Iván Domínguez, do restaurante Nado da Coruña.
Regueira fixo especial fincapé no traballo de produtores e restauradores. “Vemos como dentro do sistema produtivo que nos acompaña hai moita xente nova; profesionais que, ademais, están traballando no medio rural e volven traballar nel con ilusión de producir coa mesma calidade que se produciron alimentos durante toda a vida en Galicia”. “E agora mesmo”, remarcou, “tamén metendo pancas de innovación e xerando un retorno a nivel de márketing de produto que nos coloca ao nivel dos mellores sistemas produtivos do mundo”.
O sumiller Alejandro Paadín ofreceu conferencias sobre os viños da IXP Betanzos, os da zona de Barbanza e Iria e os da Ribeira do Ulla
Aproveitou para pedir “confianza para as persoas que están traballando intensamente na mellora da calidade, na mellora da produtividade e sobre todo no respecto ao produto que sempre caracterizou a provincia da Coruña e a Galicia en xeral”. “Se somos capaces de mimalos, de crer que isto ten futuro a nivel turístico, e estamos demostrado que a nivel turístico ten futuro para atraer un cliente moito máis consciente do que vai experimentar nos territorios turísticos do noso país; se confiamos neles, insisto, todo este traballo vainos tamén axudar a repartir os fluxos”, sentenciou.
Para Regueira, esas novas propostas enogastronómicas que apoia a Deputacion “non son só patrimonio da cidade, senón que están espalladas por todo o territorio da provincia”. “Así que, se temos a confianza nos profesionais, debemos ser moderadamente optimistas de cara a ter un turismo enogastronómico de calidade, e sobre todo no ámbito do sector da enogastronomía, da agroalimentación, pois eu creo que imos ser aínda máis fortes do que xa somos hoxe en día”, manifestou, convencido do potencial turístico da provincia.
Para Regueira, esas novas propostas enogastronómicas que apoia a Deputacion “non son só patrimonio da cidade, senón que están espalladas por todo o territorio da provincia”
Rematou o seu balance lembrando a estratexia de ’A paisaxe que sabe’: “Hai que xerar retorno e con ese retorno xerar benestar para a nosa xente. Así que, mantendo a confianza en traballadores e produtores e en que todas estas empresas que nos acompañan sigan apostando por establecerse e afianzarse no mercado, podemos ser moderadamente optimistas e mesmo celebrar que o futuro do rural vaia ser un futuro tamén próspero, sobre todo para esa xente moi nova que está volvendo a vista cara a nosa produción de alimentos e á rexeneración do medio rural, que tanta falta fai”, concluíu o vicepresidente.

A 16ª edición de Gastronomic Forum Barcelona clausurou unha convocatoria marcada pola intensa actividade comercial e unha participación que superou os 21.800 visitantes. O evento, que rendeu homenaxe á nova cociña catalá, congregou por primeira vez a todos os chefs cataláns con tres Estrellas Michelin nun programa composto por máis de 180 expertos e 190 sesións gastronómicas.
A 16ª edición de Gastronomic Forum Barcelona clausurou unha convocatoria marcada pola intensa actividade comercial e unha participación que superou os 21.800 visitantes
Más de 400 empresas do ámbito da hostalaría e a restauración, un 10 % máis que a edición anterior, viviron tres intensas xornadas de negocios nas que puideron exhibir as súas últimas innovacións e produtos. O evento reuniu a máis de 20.000 profesionais do sector, o que supón un 21 % máis que a pasada edición. «Esta edición foi decisiva para consolidarnos como unha plataforma de negocio imprescindible, tanto para grandes como pequenas empresas, onde o talento, o produto e a innovación van da man. Un punto de conexión real entre produtores, chef e empresas que impulsan a creatividade e a competitividade na restauración e na hostalería», sinalou o director de Gastronomic Forum Barcelona, Josep Alcaraz.