TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Destinos
  • Barbanza-Arousa, un xeodestino con moito por descubrir

Barbanza-Arousa, un xeodestino con moito por descubrir

O xeodestino Barbanza-Arousa xa estivo habitado na Prehistoria, como dan fe a profusión de mámoas e petróglifos da zona

Foto: Miradoiro da Curota, na Pobra do Caramiñal (Deputación da Coruña).

Rocío Moares

31 julio, 2025

O solpor na Ría de Arousa engaiola. Cando os últimos raios do sol bican a maior ría de Galicia, a paisaxe impresiona pola súa beleza. Dende os miradoiros de Castro Barbudo ou do Pico Muralla (a 678 metros de altitude), en Rianxo, pódese contemplar a Ría de Arousa en todo o seu esplendor, e dende o miradoiro da Curota, na Pobra do Caramiñal, son visibles tamén as rías de Muros e Noia, a de Pontevedra e incluso a Ría de Vigo; por algo foi catalogado como Sitio Natural de Interese Nacional.

O Xeodestino Barbanza-Arousa atesoura auténticas xoias como a duna móbil máis grande do noroeste peninsular, unha fervenza cunha caída de máis de 30 metros ou o hórreo máis longo da comunidade. Cinco son os concellos que conforman este xeodestino: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Dodro, Rianxo e Ribeira, todos eles na parte norte desta fermosa ría, onde se ubica a península do Barbanza, un enclave no que aínda se pode gozar da natureza virxe en estado puro.

Este xeodestino xa estivo habitado na Prehistoria, como dan fe a profusión de mámoas e petróglifos da zona, destacando o dolmen de Axeitos, ubicado en Ribeira e pertencente ao Neolítico (concretamente ao século IV antes de Cristo), e os castros de Neixón, en Boiro, de finais da Idade de Bronce.

Tamén hai vestixios da presenza romana, época da que se conserva a Vía XX que chega ata o miradoiro do antigo Castelo de Vitres en Boiro, un roteiro de sendeirismo digno de percorrer. Nada mellor que descubrir a ruta das Mámoas de Boiro ou adentrarse na arqueoloxía da man dos petróglifos rianxeiros, testemuñas pétreas do discorrer dos séculos.

A arquitectura relixiosa abrangue exemplos do Románico, como a igrexa de Cespón, en Boiro, que destaca polo seu cruceiro triplo, ou a igrexa de orixe gótica de Santa Comba, en Rianxo. Dodro é famoso polos seus hórreos do século XVIII, como os da Lavandeira (en Imo) e polos seus cruceiros, como a cruz do Abelán ou o cruceiro de Bustelo. Neste xeodestino é posible visitar o hórreo máis longo de toda Galicia (con 36’75 metros a cámara e 37’05 metros o celeiro). Trátase do hórreo do Araño, en Rianxo, sendo tamén o de maior capacidade de toda a nosa comunidade.

Foto: Hórreo do Araño, en Rianxo (Deputación da Coruña).

Barbanza-Arousa tamén destaca polo seu pasado señorial do que perduran os seus pazos. Para afondar nesta época só hai que visitar o Pazo de Goiáns, en Boiro. Este pazo, propiedade da familia Mariño, estivo vencellado ao eido vitícola xa a finais do século XVIII cando producía máis de 15.000 litros de viño.

Dada a súa importancia, a torre do Pazo de Goiáns, do século XVI, forma parte do escudo do propio concello de Boiro. A súa inxente finca conta con capela, pombal, piorno, embarcadoiro no río Coroño e exemplares singulares como unha sobreira duns 300 anos e unha camelia Sasanqua de gran envergadura que sorprenden aos visitantes.

Paixón pola cultura

Sería o solpor engalanando a ría ou a comuñón coa natureza o que inspirou aos escritores da Arousa? Rianxo veu nacer a Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio. Neste concello pódese visitar a Casa de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, catalogada como Ben de Interese Cultural (BIC), e a Casa Museo Manuel Antonio.

Dodro gábase do seu Pazo de Hermida ou Torres de Hermida, que ten a súa orixe nunhas antigas torres defensivas da Ría de Arousa do século XII. Catalogado como Ben de Interese Cultural, neste pazo viviu longas tempadas Rosalía de Castro. Alí compuxo parte de Follas Novas e outras das súas obras, por iso Dodro está incluído no itinerario da Ruta Rosaliana. Merece especial atención tamén en Dodro o Pazo de Lestrove, do século XVI, que foi mansión de descanso dos arcebispos de Santiago e actualmente é un hotel monumento.

Outros Bens de Interese Cultural deste xeodestino son a Torre de Xunqueiras e a Torre de Bermúdez na Pobra do Caramiñal. A Torre de Bermúdez, do século XVI, acolle o Museo de Valle-Inclán, Monumento Histórico-Artístico. Pola súa banda, Ribeira acolle o Museo do Grabado á Estampa Dixital que amosa milleiros de estampas que representan as técnicas artísticas imperantes dende o século XV ata á actualidade.

Enclaves únicos

A natureza é protagonista neste xeodestino. Comezando polas Brañas de Laíño, en Dodro, un dos humedais de maior valor ambiental de Galicia, e seguindo o curso do Ulla, pertencente ao sistema fluvial Ulla-Deza, esperan ao visitante areais para todos os gustos. A Praia de Tanxil, en Rianxo; a de Barraña, en Boiro; a Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal; ou a de Coroso en Ribeira, son das máis coñecidas.

Foto: Parque Natural das Dunas de Corrubedo, en Ribeira (Deputación da Coruña).

Este xeodestino agocha tesouros naturais como a fervenza de Cadarnoxo, en Boiro, ou as piscinas do río Pedras, na Pobra do Caramiñal. Especial atención merece o Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carreal e Vixán, no concello de Ribeira, de máis de 1.000 hectáreas de superficie, cun espectacular complexo dunar, marismas e lagoas de auga doce e salgada onde habita flora e fauna moi diversa. Un auténtico paraíso para admirar e coidar, alumeado cada noite dende 1854 polo faro de Corrubedo.

E xa na entrada da Ría de Arousa recórtase no horizonte o arquipélago de Sálvora, pertencente á parroquia de Aguiño (Ribeira), e que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

As festas máis variadas

A Virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira (…). Así comeza unha das cantigas galegas máis internacionais convertida en himno, a Rianxeira, que honra á Virxe da Guadalupe. Milleiros de persoas cantando a Rianxeira mentres as bengalas iluminan a noite é un momento máxico que pon o broche final á semana das Festas da Guadalupe de Rianxo, con 150 anos de historia, cuxo día grande é o primeiro domingo despois do 8 de setembro. Procesión marítima pola ría, feirón mariñeiro e troula asegurada.

Unha das festas de máis sona deste territorio é a Festa da Dorna de Ribeira, que se celebra no mes de xullo

A Festa de Xesús O Nazareno da Pobra do Caramiñal, tamén no mes de setembro, destaca pola súa impresionante Procesión das Mortallas. Orixinaria do século XV, os cadaleitos baleiros saen ás rúas para conmemorar un milagre lendario do Nazareno.

Outra das festas de máis sona deste xeodestino é a Festa da Dorna de Ribeira, que se celebra no mes de xullo e rinde homenaxe á cultura marítima e ás embarcacións de pesca características das Rías Baixas, as dornas, xoias artesanais da cultura mariñeira galega. Humor e imaxinación desbordante para amenizar unha das festas máis esperadas do verán.

Foto: Festa da Dorna de Ribeira (Deputación da Coruña).

En Boiro destaca a Romaría de San Ramón de Bealo, que fusiona devoción con gastronomía coma ningunha outra, sendo ademais a romaría campestre galega máis antiga que se celebra de forma ininterrompida (dende 1756).

Os tesouros da Arousa tamén xorden do fondo do mar e algúns deles teñen unha festa propia para degustalos como é o caso da Festa do Percebe de Aguiño en Ribeira, e a Festa da Xouba de Rianxo, no mes de xullo; ou a Festa de Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz en Boiro, que se celebra cada ano no mes de agosto. Unha oportunidade única para probar este manxar, xa que a Ría de Arousa conta coa Denominación de Orixe Protexida (DOP) Mexillón de Galicia.

A empanada feita con fariña de millo, característica nesta zona, ten tamén a súa propia festa: a Festa da Empanada de Palmeira (Ribeira), cada 25 de xullo, onde os berberechos, as zamburiñas e as xoubas son os ingredientes estrela. O polbo tamén ten o seu día grande en Palmeira, con festa o último fin de semana de agosto.

Produtos de máxima calidade todos eles, ideais para maridar con Viños da Terra do Barbanza e Iria que posúen Indicación Xeográfica Protexida e destacan por ser viños lixeiros de aromas florais e de froitas, elaborados con diferentes variedades de uva como albariño, godello, loureiro branco, sousón ou branco lexítimo.

Tralas pegadas do Apóstolo

Surcada por drakkars viquingos no século IX, a Ría de Arousa foi tamén a porta de entrada dos restos do Apóstolo Santiago, iniciando así unha das peregrinaxes máis famosas da historia: o Camiño de Santiago. Na actualidade, o trazado do Camiño de Santiago A Orixe percorre máis de 120 km, comezando no Faro de Corrubedo. As súas cinco etapas pasan polos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Dodro, ata chegar a Iria Flavia, en Padrón, onde se atopa co Camiño Portugués.

Outro dos camiños con máis renome neste xeodestino é a Ruta do Mar de Arousa-Río Ulla, que no seu percorrido norte pasa polos concellos de Barbanza-Arousa. É un camiño que replica a viaxe do Apóstolo Santiago en barca de pedra remontando o Río Ulla ata Padrón. Os cruceiros van guiando aos peregrinos marítimos, como é o caso das Tres Cruces, na ribeira do Ulla, en Rianxo.

Ben sexa por devoción, afán de tranquilidade ou festa rachada, o xeodestino Barbanza-Arousa da provincia da Coruña nunca defrauda.

También en TUR43

17 junio 2026

La Llorea toma el relevo en el Circuito TUR 43 Galicia Calidade este sábado


Leer más

Turismo de Galicia

15 junio 2026

Galicia da el pistoletazo de salida al verano con los grandes festivales de los Concertos do Xacobeo


Leer más

Foto: Adobe Stock

11 junio 2026

Vilanova dos Infantes recibe el distintivo de ‘Los Pueblos Más Bonitos de España’ y refuerza el turismo rural


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • La Llorea toma el relevo en el Circuito TUR 43 Galicia Calidade este sábado
    17 junio 2026
  • Arturo Zarauza: «Es un orgullo habernos consolidado en un Circuito del prestigio de TUR 43 Galicia Calidade»
    16 junio 2026
  • 0
    Galicia da el pistoletazo de salida al verano con los grandes festivales de los Concertos do Xacobeo
    15 junio 2026
  • Vilanova dos Infantes recibe el distintivo de ‘Los Pueblos Más Bonitos de España’ y refuerza el turismo rural
    11 junio 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Arturo Zarauza: «Es un orgullo habernos consolidado en un Circuito del prestigio de TUR 43 Galicia Calidade»
    16 junio 2026
  • Santiago Villanueva: «Eventos como el Circuito TUR 43 Galicia Calidade son una magnífica herramienta de promoción para la Ribeira Sacra»
    5 junio 2026
  • Xosé Regueira: «A eclipse é unha oportunidade única de proxección internacional»
    23 abril 2026
  • Carmen Sánchez: “Todo o que sexa divulgación e promoción para os nosos produtores é magnífico”
    23 octubre 2025
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}