TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Enogastronomía
  • Carmela Cano: «O leite galego de calidade é o noso gran valor»

Carmela Cano: «O leite galego de calidade é o noso gran valor»

A xerente de Galmesán, unha queixería con ADN galego, pón en valor a calidade da materia prima e a posición da provincia como líder na produción de leite

Lidia Fernández

15 octubre, 2025

Carmela Cano é a artífice dun proxecto moi especial, Galmesán, unha queixería familiar que pón o foco na calidade da materia prima, un leite de proximidade que lle dá un valor adicional a este queixo, de sabor característico e moi versátil. O que propoñen dende Galmesán é unha volta ás orixes, ao mesmo tempo que reivindican a defensa do rural. Comprometidos coa sostibilidade e o consumo responsable, avogan por modelos que permitan o desenvolvemento dos distintos eslabóns que compoñen a cadea de produción.

Cano foi unha das emprendedoras que participaron no Mercado de Produtores celebrado o pasado 19 de setembro no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela, como parte dun esforzo da Deputación da Coruña por dárlle visibilidade aos pequenos produtores, e ao abeiro do Circuíto de Golf e Croquet TUR 43.

¿Que cres que vos aporta a vós, como produtores, participar nunha feira coma esta? Que impacto ten a nivel de proxección e visibilidade?

Pois a verdade é que valoro moi positivamente este tipo de eventos, porque nos dá a oportunidade de amosar o noso produto a un público moi concreto. Todo o que sexa abrir espazos para pequenas produtoras coma nós, que nos permitan conectar directamente co consumidor final, é algo moi valioso. Precisamos destes espazos para dar a coñecer e promocionar o que facemos. Tamén hai un vínculo moi interesante entre o deporte e a gastronomía, así como a posta en valor dos territorios a través dos seus produtos. Isto vén a enriquecer moito a experiencia de todos.

Todo o que sexa abrir espazos para pequenas produtoras coma nós, que nos permitan conectar directamente co consumidor final, é algo moi valioso

Que diferenzas atopas entre participar nun evento destas características —enmarcado nun circuíto de golf cun perfil de xogadores cun certo poder adquisitivo e procedentes de distintas zonas como Asturias ou Portugal— fronte a outros mercados ou feiras de produtores organizados por institucións como a Deputación?

Pois, para min, é outra oportunidade máis, pero cun enfoque moi específico: dirixido a deportistas, neste caso, do mundo do golf. Como che dicía, paréceme unha acción fundamental. Nós vémonos tamén como embaixadoras do noso territorio. A través dos produtos podemos contar moito sobre a nosa terra.

Por exemplo, no noso caso, o queixo representa unha parte da actividade produtiva da provincia, especialmente na produción de leite, que é algo que nos define. Mostrar isto a xogadores doutras rexións paréceme algo moi enriquecedor. É un espazo ao que, doutra maneira, sería difícil acceder.

E, efectivamente, tamén nos permite chegar a un público moi específico e relevante para nós, ofrecéndolles a oportunidade de probar o noso queixo. Se despois dunha degustación conseguimos que se convertan en consumidores, sería marabilloso. É un luxo poder mostrar o que facemos e que deportistas ou persoas visitantes poidan acabar sendo consumidores do noso produto.

O queixo representa unha parte da actividade produtiva da provincia, especialmente na produción de leite, que é algo que nos define

E que destacarías de participar xunto con outros produtores, quizais doutros sectores como o da carne, doces ou produtos do mar? Que sinerxías se crean?

Para min, o primeiro valor é poder amosar a riqueza que temos no noso territorio. Tamén podes aprender doutras iniciativas, claro. Por unha banda, amósase á xente de fóra (e mesmo á de aquí) toda a variedade de produtos agroalimentarios que temos: tanto do campo como do mar, en repostería… todo o que vemos hoxe aquí. Xa só iso é unha posta en valor das posibilidades e do potencial da nosa provincia. E por outra banda, o feito de compartir espazo con outros produtores tamén é moi enriquecedor: compartimos experiencias, intercambiamos ideas, sobre todo en temas de comercialización. Sempre se aprende algo.

Comentaches moito a importancia da produción local e da promoción do territorio. Cal dirías que é o valor diferencial do voso queixo? Que é o que máis valoran os consumidores do voso produto?

Para min, o principal é a calidade. E iso comeza polo leite. O noso queixo está feito con leite callado, cunha materia prima de gran calidade. Galicia, e especialmente a provincia da Coruña, é líder nacional en produción de leite de vaca. Iso xa é un valor diferenciador por si só. Elaboramos o queixo con leite de proximidade, recollida nun radio de non máis de 20-25 km arredor da queixería. Iso dálle unha identidade moi propia.

Ademais, apostamos por facer algo diferente das elaboracións tradicionais da nosa terra. Temos moito potencial e riqueza na produción láctea, e cremos que se pode ir máis aló das receitas tradicionais. Por iso, facemos queixos con longas maduracións, de ata 18 meses, que desenvolven unha complexidade organoléptica moi particular. Non buscamos substituír os queixos tradicionais —dos cales son unha gran defensora, sobre todo as catro denominacións de orixe que temos en Galicia—, senón convivir con eles e ofrecer unha alternativa diferente. O leite galego de calidade é o noso gran valor.

También en TUR43

Foto: Turismo de Galicia

20 julio 2026

Atlantic Fest consolida su décima edición como referente musical del verano gallego


Leer más
16 julio 2026

Os Xoves de Códax regresan con cinco conciertos solidarios


Leer más

Fotos: Raúl Lorenzo

8 julio 2026

El Atlantic Pride alcanza su ecuador con una jornada protagonizada por Alba Reche, el arte drag y la electrónica


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Atlantic Fest consolida su décima edición como referente musical del verano gallego
    20 julio 2026
  • Los campings instalarán pantallas gigantes para que sus clientes sigan la final del Mundial
    17 julio 2026
  • Os Xoves de Códax regresan con cinco conciertos solidarios
    16 julio 2026
  • Galicia forma a medio centenar de docentes de la diáspora
    15 julio 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Arturo Zarauza: «Es un orgullo habernos consolidado en un Circuito del prestigio de TUR 43 Galicia Calidade»
    16 junio 2026
  • Guillermo Navarro: «Una de las grandes fortalezas del croquet es que es un deporte verdaderamente inclusivo»
    12 junio 2026
  • Santiago Villanueva: «Eventos como el Circuito TUR 43 Galicia Calidade son una magnífica herramienta de promoción para la Ribeira Sacra»
    5 junio 2026
  • Xosé Regueira: «A eclipse é unha oportunidade única de proxección internacional»
    23 abril 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}