TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Enogastronomía
  • O Mercado de Produtores, escaparate de emprendedores cun proxecto único

O Mercado de Produtores, escaparate de emprendedores cun proxecto único

Esta feira celebrouse ao abeiro da romería do Circuito de Golf e Croquet TUR 43, e en colaboración coa Deputación da Coruña

Lidia Fernández

24 septiembre, 2025

O pasado venres, 19 de setembro, o Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela viviu unha xornada única coa celebración dun Mercado de Produtores organizado no marco do Circuito de Golf e Croquet TUR 43, e en colaboración coa Deputación da Coruña. Esta feira, na que participaron un total de 12 expositores, e entre os que se atopaban marcas e iniciativas como Raizame; Martietas de Fío; Cafés Lúa; Galmesán; Casa da Avoa; Pandejuevo; Xearte Brigitte; Ben Senta; Galuriña; Gallegas de Nata; Bico de Xeado; e Casa Abelleira, puxo o foco na produción local e de proximidade, dando visibilidade a proxectos anovadores, sostibles e a pequenos produtores.

O mercado celebrouse de forma paralela á romería organizada por TUR 43 para recibir aos xogadores que ao día seguinte participarían na Gran Final da V edición do Circuito de Golf e na II do de Croquet. Desta forma, os asistentes ao circuito, tanto de Galicia como de Asturias e Portugal puideron coñecer de primeira man os produtos destes emprendedores, así como degustar os seus pratos estrela. Dende galletas, con e sen gluten, ata embutidos e cafés. Os expositores reflexaron a heteroxeneidade e riqueza da gastronomía galega, con especial énfase na produción da provincia da Coruña.

O mercado celebrouse de forma paralela á romería organizada por TUR 43 para recibir aos xogadores que ao día seguinte participarían na Gran Final da V edición do Circuito de Golf e na II do de Croquet

O evento conxunto foi todo un éxito, tanto de asistencia como polo impacto e a visibilidade que se lle deu aos produtos de calidade diferenciada. «Para nós participar nestas iniciativas é unha oportunidade para dar a coñecer os nosos produtos a un segmento da poboación e uns públicos aos que non teríamos acceso noutros contextos», sinalou Victorino Pedrosa, delegado de Produción e Ventas de Casa da Avoa, que leva máis dunha década combinando o nostálxico saber facer das tradicións, pasadas de xeración a xeración, coa modernidade e fusión de sabores que demandan os novos públicos.

O packaging, por outra banda, é outra das súas fortalezas. «Intentamos facer un deseño que atraia, que sexa representativo do que somos en Casa da Avoa e dos valores que defendemos, ao tempo que se diferencie doutras marcas que poidan facer algo parecido», asegurou.

Escaparate para os pequenos produtores

Este sentimento de pertenza e gran escaparate para os pequenos produtores de mercados e feiras nas que partipan ao abeiro da Deputación que manifestou Pedrosa tamén o secundou a súa compañeira de batallas, Carmela Cano, xerente de Galmesán, coa que coincidiu en máis ocasións presentando os seus produtos. «Estes eventos son un espazo único para poñer en valor a produción local e dar a coñecer os nosos produtos. Neste caso, a un perfil moi concreto e específico, como son os xogadores de golf», manifestou, remarcando a calidade que caracteriza a produción dos seus queixos da comarca de Arzúa, e que é «o noso valor diferencial».

O evento conxunto foi todo un éxito, tanto de asistencia como polo impacto e a visibilidade que se lle deu aos produtos de calidade diferenciada

Pablo Suárez e Gisela Suárez, de Gallegas de Nata, tamén concordaron. «Ter a posibilidade de participar neste Mercado de Produtores permítenos falar cara a cara con potenciais clientes e poñer en valor as nosas galletas, mesmo presentarllas a xente que non as coñece. É unha gran oportunidade de dar a coñecer a nosa marca, e tamén ver como traballan os compañeiros», afirmaron pai e filla, xerente e responsable de comunicación da empresa, especializada na produción deste doce típico, coa receita segreda da avoa.

As impresións dos xogadores e familiares que se achegaron a este Mercado de Produtores foron tamén moi boas, certificando o éxito dunha iniciativa que non só pretendía unir o deporte e a gastronomía, senón tamén funcionar como catalizador dos destinos turísticos e, en especial, da provincia da Coruña e de Galicia no seu conxunto. Durante case tres horas puideron probar diferentes produtos e aprender da man dos propios produtores como é a elaboración de cada un destes manxares gastronómicos, como traballan, e as dificultades que teñen para promocionarse nun mercado tan saturado como o actual.

También en TUR43

Fotos: Galicia Fórum Gastronómico

10 abril 2026

El Premio Cociñeiro Galego celebrará su primera edición anual en Vigo


Leer más

Fotos: Deputación da Coruña

9 abril 2026

El Geoparque Cabo Ortegal impulsa la adhesión de empresas y productores a su marca KB0 Ortegal


Leer más
8 abril 2026

Galicia refuerza su promoción turística internacional con nuevas acciones


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • El Premio Cociñeiro Galego celebrará su primera edición anual en Vigo
    10 abril 2026
  • El Geoparque Cabo Ortegal impulsa la adhesión de empresas y productores a su marca KB0 Ortegal
    9 abril 2026
  • Galicia refuerza su promoción turística internacional con nuevas acciones
    8 abril 2026
  • Sanxenxo arranca la temporada con una ocupación hotelera del 73 %
    7 abril 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Carmen Sánchez: “Todo o que sexa divulgación e promoción para os nosos produtores é magnífico”
    23 octubre 2025
  • Brígida Hermida: «O que  máis valoran dos nosos xeados é a calidade da elaboración e a materia prima»
    22 octubre 2025
  • Diego Armando: «Para nós é clave lograr a atención nunha feira que presenta tanta oferta»
    21 octubre 2025
  • Gerardo Velando: “O cliente valora en Raizame o incrible sabor das nosas elaboracións”
    20 octubre 2025
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}