TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Destinos
  • Onde a historia se mantén viva: unha viaxe polo xeodestino A Coruña e As Mariñas

Onde a historia se mantén viva: unha viaxe polo xeodestino A Coruña e As Mariñas

Formado por 16 concellos que comparten rasgos históricos e culturais, a súa gastronomía e paisaxe convertéronse nos principais reclamos turísticos

Percebeiro faenando fronte á Torre de Hércules. Fotos: Deputación da Coruña

Lidia Fernández

23 julio, 2025

O xeodestino A Coruña e As Mariñas é un dos maiores tesouros da provincia. O territorio abarca dúas grandes cuncas fluviais, as dos ríos Mero e Mandeo, e está formado por 16 concellos, onde a historia e a natureza se entrelazan en cada recuncho. Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, A Coruña, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne e Sada son a viva imaxe do que este espazo turístico agocha nas súas profundidades.

A través delas discorren dúas das rutas de peregrinación máis importantes do Camiño de Santiago: o do Norte e o Inglés. Neste xeodestino insírese tamén a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas, que ten como obxectivo o desenvolvemento sostible do territorio, das súas empresas e dos seus produtos.

Desde as orixes medievais ata as tradicións pesqueiras que perduran ao longo dos séculos, esta comarca ofrece unha experiencia única ao viaxeiro. Cada concello é testemuña da autenticidade galega, cunha oferta variada de paisaxes, arquitectura e gastronomía que fan desta rexión un destino inconfundible.

Desde as orixes medievais ata as tradicións pesqueiras que perduran ao longo dos séculos, esta comarca ofrece unha experiencia única ao viaxeiro

Abegondo é un deses lugares que esconden un atractivo especial. A paisaxe, enmarcada polos encoros de Abegondo-Cecebre, ten un encanto enxebre, deses que non é sinxelo atopar en ningún outro sitio. Pero a historia tamén quedou patente neste municipio, con séculos ás súas costas e unha vinculación moi importante coa nobreza galega, en tempos do Medievo. A pegada que deixou esta época aínda se pode ver nos pazos que se manteñen en pé, como o de Pastoriza ou o de Figueroa.

Así pois, o pasado mantense vivo na comarca. Exemplo disto é Aranga, cun legado importante de restos prehistóricos. Varios campos de dolmens e castros como o das Cotorras dan fe do paso do tempo e da importancia de manter viva a memoria colectiva. Tamén se mantén forte o vínculo relixioso nesta vila, con igrexas como a de San Paio e a de San Pedro.

A paisaxe, enmarcada polos encoros de Abegondo-Cecebre, ten un encanto enxebre, deses que non é sinxelo atopar en ningún outro sitio

A beleza natural de Arteixo ponse de manifesto no seu litoral agreste, onde a fermosa praia de Barrañán destaca como un paraíso para os amantes do surf e da natureza en estado puro. O municipio, situado no extremo occidental do golfo Ártabro, combina á perfección a paisaxe natural coa contorna industrial que se perfila no seu horizonte, co polígono de Sabón presidindo a escena, principal fonte de desenvolvemento económico do municipio.

A pouca distancia, Bergondo seduce cun patrimonio monumental que invita ao descanso. O Pazo de Mariñán, con xardíns que parecen sacados dun conto, amosa a beleza dos edificios señoriais galegos. Tamén agocha xoias artísticas, como o mosteiro e igrexa de San Salvador. A súa localización xunto á ría de Betanzos tamén ofrece panorámicas excepcionais, facendo dela un lugar perfecto para desfrutar das vistas.

O pasado medieval mantense neste xeodestino

Betanzos, co seu impresionante legado medieval, é un dos maiores atractivos do xeodestino. A súa relevancia histórica vén marcada polo seu papel como unha das sete capitais do Antigo Reino de Galicia, herdanza da que os veciños se amosan especialmente orgullosos. A Praza dos Irmáns García Naveira, con edificios señoriais que falan do pasado próspero da vila, invita a ser percorrida con calma.

As rúas empedradas e a Igrexa de Santa María do Azogue, con detalles románicos de gran calidade, son testemuñas vivas dunha historia que pervive no presente. O atractivo histórico de Betanzos complétase cunha gastronomía popular que se serve nas tabernas locais, onde a famosa tortilla de patacas é unha das estrelas.

Tortilla típica de Betanzos, unha xoia deste xeodestino. Foto: Deputación da Coruña.

Pero se algo destaca de Betanzos son as súas tradicionais festas. As barcas engalanadas que remontan o Mandeo na festa dos Caneiros, o impresionante lanzamento do globo durante as festas do San Roque, e a Feira Franca Medieval de Betanzos, son só algúns dos eventos que dominan a tempada estival na localidade.

Betanzos, co seu impresionante legado medieval, é un dos maiores atractivos do xeodestino. A súa relevancia histórica vén marcada polo seu papel como unha das sete capitais do Antigo Reino de Galicia

Un pouco máis ao interior, e moi preto de Betanzos, Paderne é o espello da produción local e sostible. Exemplos diso atopámolos en Orballo, unha plantación de té e infusións ecolóxicas que conquistou ao mercado nacional, e EnFlor Agro, unha empresa pioneira que cultiva microbrotes ecolóxicos e que logo subministra a restaurantes da Coruña e da súa área, para levar o mellor da horta aos padais máis selectos.

Tamén nas profundidades deste xeodestino, Cambre destaca pola súa Fraga de Cecebre, un espazo natural protexido que alberga diversas especies de fauna e flora autóctona, sendo un lugar perfecto para os amantes do sendeirismo e da tranquilidade. Tamén foi o escenario da novela e da película “O bosque animado”. A Igrexa de Santa María de Cambre, de orixe románica, engade ao municipio un atractivo relixioso que conecta o pasado histórico co presente.

Cambre destaca pola súa Fraga de Cecebre, un espazo natural protexido que alberga diversas especies de fauna e flora autóctona

Carral representa como ningún outro municipio a esencia da Galicia rural e histórica. Os cruceiros e os muíños dominan a paisaxe, dándolle un carácter que semella anacrónico e que traslada ao visitante a outro tempo. No terreo gastronómico destaca un manxar sinxelo pero infalible: o seu pan, cunha festa gastronómica no seu honor, que se celebra anualmente. Unha delicia para todos os sentidos, e o prato estrela da gastronomía local. No terreo paisaxístico, o monte Xalo emerxe como unha das zonas máis elevadas da comarca coruñesa, e constitúe un dos pulmóns verdes da mesma.

As actividades deportivas en contacto coa natureza teñen moita presenza neste xeodestino. As rutas de sendeirismo son o principal atractivo de Coirós, que conta con ata oito diferentes, adaptadas a todos os niveis de dificultade. Ruínas, centrais hidroeléctricas… ningún elemento é alleo a unha paisaxe que non defrauda e deixa sen alento a todo aquel que se atreve a descubrila. A Pena Furada e o miradoiro da Espenuca, que contempla, impertérrito, o canón do río Mandeo dende o Lugar de Chelo, ofrecen unhas vistas panorámicas únicas.

A “cidade de cristal” que perdura no tempo

De fonda tradición ilustrada e mariñeira, A Coruña é coñecida por moitos como a “cidade de cristal” polas galerías que se atopan na Marina. Estas representan, dende hai décadas, unha das fotografías máis típicas da cidade. Esta solución arquitectónica, que data de principios do século XIX, supuxo toda unha revolución, e hoxe en día é un dos elementos máis representativos da Coruña.

Se ben a cidade herculina é un referente arquitectónico e patrimonial, coa Torre de Hércules como bastión impresionante, tamén destaca pola enorme oferta cultural e de ocio que presenta. Tamén polos diferentes areais, que se insiren na paisaxe urbana á perfección. Dende Riazor ata o Matadero, chegando ás Lapas. Pequenas e grandes praias que se distribúen ao longo e ancho da cidade. As festas son outro dos elementos destacados, como a Feira das Marabillas, que recorda ao pasado medieval da vila, ou as festas de María Pita, que ocupan o calendario de ocio durante o mes de agosto.

Se ben a cidade herculina é un referente arquitectónico e patrimonial, coa Torre de Hércules como bastión impresionante, tamén destaca pola enorme oferta cultural e de ocio que presenta

O municipio de Culleredo, coa súa proximidade á Coruña, ofrece un equilibrio perfecto entre a vida urbana e a natureza. A Ría do Burgo, que se estende ao longo do municipio, é un espazo ideal para ver a posta de sol. O patrimonio etnográfico pode desfrutarse a través do paseo fluvial do Rego das Xesteiras, unha ruta pola beira do río, salpicada de máis dunha decena de muíños.

Panorámica da Marina, na cidade da Coruña, onde predominan os edificios con galerías, que lle deron o nome da «cidade de cristal». Foto: Deputación da Coruña.

A Igrexa de Santa María de Culleredo, que data do século XVI, ofrece ao visitante unha mostra representativa da arquitectura galega medieval. O Pazo de Santa María, cunha historia que remonta ao século XVII, é unha das mellores mostras do patrimonio señorial da zona, testemuña dunha época de esplendor e riqueza que aínda se pode percibir en cada recuncho da súa estrutura.

O Pazo de Santa María, cunha historia que remonta ao século XVII, é unha das mellores mostras do patrimonio señorial da zona

Irixoa está situada nunha zona de transición entre a Terra Chá e as comarcas costeiras das Mariñas, o que lle confire unha peculiar paisaxe fluvial que souberon aproveitar coa pesca deportiva, unha actividade moi habitual nesta localidade e motor tractor do xeodestino para os amantes deste deporte.

Seguindo co percorrido por este diverso xeodestino chegamos a Miño. Esta localidade foi declarada de Interese Turístico, e atópase a medio camiño entre A Coruña e Ferrol. Con máis de 7 quilómetros de costa, a estampa que presenta é propia dunha obra cinematográfica, con areais de augas cristalinas e area fina para vivir unha experiencia inesquecible.

Un balcón privilexiado ao horizonte

Oleiros, coa súa costa marcada polas praias de Bastiagueiro e Mera, é outro dos destinos de referencia na comarca. Aquí, a calma do mar mestúrase coa arquitectura modernista e co patrimonio histórico, co impoñente Castelo de Santa Cruz, que vixía a entrada á ría da Coruña. Dende o faro de Mera, balcón privilexiado do monumento natural da Costa de Dexo, pódese observar a entrada das tres rías do golfo Ártabro (A Coruña, Ares-Betanzos e Ferrol).

“Un bo sitio para vivir”, ese é o lema de Oza-Cesuras, que naceu da fusión destas dúas poboacións. Destaca o patrimonio arquitectónico e relixioso, coa igrexa do antigo mosteiro de San Nicolao de Cis, así como tamén as rutas para os afeccionados ao sendeirismo, como a da Rexidoira.

Oleiros, coa súa costa marcada polas praias de Bastiagueiro e Mera, é outro dos destinos de referencia na comarca

Sada non só é un importante centro pesqueiro, senón tamén un lugar de lecer e descanso. A súa arquitectura modernista e a súa oferta gastronómica fixeron do municipio un dos destinos máis visitados da zona. Tomar un café en “La Terraza”, un espectacular edificio modernista, é toda unha experiencia. O marisco fresco é un dos grandes reclamos desta vila, que tamén é coñecida pola súa animada vida cultural.

Faro de Mera no luscofusco. Foto: Deputación da Coruña.

IXP Terra de Betanzos

No que respecta á enogastronomía, hai que destacar os Viños da Terra de Betanzos, con Indicación Xeográfica Protexida, e que se orixinan nas zonas vitícolas dos concellos de Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño, Paderne, Abegondo, Oza-Cesuras e Sada. Nos últimos anos, estes caldos alcanzaron unha gran consideración, co Branco Lexítimo como foco de todas as miradas.

En definitiva, A Coruña e As Mariñas é un destino que non deixa indiferente. Entre a historia e a natureza, entre as montañas e o mar, cada concello ofrece unha experiencia única, unha oportunidade para gozar da auténtica Galicia. E todo isto acompañado dunha gastronomía que fala da tradición, como o marisco, a empanada galega, ou a tortilla betanceira, que son moito máis que pratos: son historias que se comparten, sabores que se lembran. Un destino onde cada paso se acompaña dunha nova sorpresa, e onde cada visitante queda cun anaco da comarca no corazón.

También en TUR43

Fotos: Adobe Stock

13 julio 2026

El eclipse solar del 12 de agosto dispara las reservas anticipadas en los campings


Leer más

Foto: Deputación da Coruña

9 julio 2026

Santiago alcanza un récord de empresas distinguidas con el sello de calidad turística SICTED


Leer más

Fotos: Raúl Lorenzo

8 julio 2026

El Atlantic Pride alcanza su ecuador con una jornada protagonizada por Alba Reche, el arte drag y la electrónica


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • El eclipse solar del 12 de agosto dispara las reservas anticipadas en los campings
    13 julio 2026
  • El Clúster Turismo de Galicia consolida en 2025 su apuesta por la innovación y la promoción internacional
    10 julio 2026
  • 0
    Santiago alcanza un récord de empresas distinguidas con el sello de calidad turística SICTED
    9 julio 2026
  • El Atlantic Pride alcanza su ecuador con una jornada protagonizada por Alba Reche, el arte drag y la electrónica
    8 julio 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Arturo Zarauza: «Es un orgullo habernos consolidado en un Circuito del prestigio de TUR 43 Galicia Calidade»
    16 junio 2026
  • Guillermo Navarro: «Una de las grandes fortalezas del croquet es que es un deporte verdaderamente inclusivo»
    12 junio 2026
  • Santiago Villanueva: «Eventos como el Circuito TUR 43 Galicia Calidade son una magnífica herramienta de promoción para la Ribeira Sacra»
    5 junio 2026
  • Xosé Regueira: «A eclipse é unha oportunidade única de proxección internacional»
    23 abril 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}