TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Entrevistas TUR 43
  • Brígida Hermida: «O que  máis valoran dos nosos xeados é a calidade da elaboración e a materia prima»

Brígida Hermida: «O que  máis valoran dos nosos xeados é a calidade da elaboración e a materia prima»

Xearte Brigitte é o proxecto persoal desta emprendedora, que decidiu apostar pola elaboración de xeados artesanais de calidade

Lidia Fernández

22 octubre, 2025

Brígida Hermida é a artífice dun proxecto moi especial, Xearte Brigitte, que ten a súa sede en Santiago de Compostela. Esta emprendedora, enxeñeira agrónoma de formación, decidiu apostar pola elaboración de xeados artesanais, con produto de proximidade e km0, poñendo en valor a tradición, pero sen esquecerse da innovación, que queda manifesta na diversidade e heteroxeneidade dos seus xeados, que se poden atopar en diferentes sabores e texturas.

Están os de sempre, como a nata, a vainilla e o chocolate; pero tamén novidades moi demandadas, como o de galleta oreo, de turrón, ou mesmo de castaña. Hai xeados para todos os públicos e padais. Pero, sobre todo, hai elaboracións de calidade que saben ao que realmente son. Un produto único, que representa a súa contorna, e que evoca á infancia e a un tempo mellor.

Xearte Brigitte é unha das marcas que participa habitualmente nas accións promocionais promovidas pola Deputación da Coruña. Un dos últimos eventos que contou coa colaboración da Deputación, ao abeiro do Circuíto de Golf e Croquet TUR 43, foi o Mercado de Produtores celebrado o pasado 19 de setembro no hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela.

O Circuíto de Golf e Croquet TUR 43 fusiona deporte, gastronomía e turismo. ¿Que valor lle aporta como produtora este circuíto, que atrae a xogadores do norte de España e Portugal?

O que aporta de valor á nosa marca o Circuíto de Golf e Croquet TUR 43 é a visibilidade que se lle dá ante un público moi diverso como son os deportistas, que con estas iniciativas coñecen os nosos xeados, moi saudables e naturais. Tamén lles axuda a recuperar a función corporal tras un entreno ou competición. A nosa é unha marca de calidade que está moi vinculada ao deporte, e agradecemos o espazo que se nos deu para poñernos en valor.

O que aporta de valor á nosa marca o Circuíto de Golf e Croquet TUR 43 é a visibilidade que se lle dá ante un público moi diverso

Cal cre que é a importancia de iniciativas como o Mercado de Produtores da Deputación da Coruña á hora de dar a coñecer os produtos gastronómicos da provincia?

É moi importante a labor que está realizando a Deputación da Coruña para dar a coñecer aos produtores da provincia, xa que está resaltando non só o territorio, senón tamén todo o que se produce nel e o que se pode acadar cos produtos que se dan no mesmo. É un traballo fundamental, tanto a nivel do produtor como do consumidor, posto que ofrece un produto de proximidade e de maior calidade.

Xa participara algunha vez nalgún destes proxectos da Deputación da Coruña? Que vantaxes ten promocionarse xunto con outros produtores?

Si, xa levo uns anos participando no programa «A Provincia que Sabe» da Deputación da Coruña. Para min as vantaxes que ten resúmense en que a unión fai a forza e que compartindo espazo con outros produtores non só nos aporta valor como marca, senón que nos permite facer colaboracións con xente de distintas localidades da provincia. Así podemos acadar a nosa materia prima moito máis facilmente, usando un produto de proximidade e de maior calidade. Isto vaille aportar ao noso produto un valor engadido e unha calidade adicional.

É moi importante a labor que está realizando a Deputación da Coruña para dar a coñecer aos produtores da provincia

Que é o que máis destaca dos seus produtos? Por que os escollen os consumidores e que é o que máis valoran?

Do noso proxecto, o que máis valoran os consumidores dos nosos xeados é a calidade da elaboración e a materia prima. Todo o mundo se sorprende porque saben ao que realmente son. Xeados con sabor. Non é un xeado calquera, iso vén dado pola calidade do produto que estamos a empregar, de km0, cunha maneira de cultivar e recoller no punto óptimo de maduración, que para nós, no caso da froita, é fundamental. En definitiva, dálle moito valor engadido ao noso produto.

También en TUR43

4 septiembre 2026

La Barganiza activa la cuenta atrás del Circuito TUR 43 Galicia Calidade


Leer más
4 septiembre 2026

Pablo Blanco: «El golf y el croquet son una excelente puerta de entrada para descubrir Asturias»


Leer más
3 septiembre 2026

La Barganiza marca el regreso del Circuito TUR 43 Galicia Calidade y abre la línea de meta


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • La Barganiza activa la cuenta atrás del Circuito TUR 43 Galicia Calidade
    4 septiembre 2026
  • Pablo Blanco: «El golf y el croquet son una excelente puerta de entrada para descubrir Asturias»
    4 septiembre 2026
  • La Barganiza marca el regreso del Circuito TUR 43 Galicia Calidade y abre la línea de meta
    3 septiembre 2026
  • Sanxenxo mantiene el pulso turístico en agosto y alarga la temporada hasta octubre
    2 septiembre 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Pablo Blanco: «El golf y el croquet son una excelente puerta de entrada para descubrir Asturias»
    4 septiembre 2026
  • Silvina B. Muñoz: «En Algareira cremos que cada elaboración debe transmitir emoción e deixar un recordo»
    11 agosto 2026
  • 0
    Leo Bellas: «Lenatt é unha marca comprometida coa calidade, a innovación e o sabor»
    4 agosto 2026
  • Gisela e Pablo Suárez: «O noso principal valor diferencial é a honestidade»
    22 julio 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}