TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Entrevistas TUR 43
  • Diego Armando: «Para nós é clave lograr a atención nunha feira que presenta tanta oferta»

Diego Armando: «Para nós é clave lograr a atención nunha feira que presenta tanta oferta»

O responsable de Ventas de Bonilla a la Vista pón en valor a importancia de participar en feiras gastronómicas para dar visibilidade á produción local

Lidia Fernández

21 octubre, 2025

Bonilla a la Vista é unha desas marcas emblemáticas que se encontra gravada no ideario colectivo, especialmente dos coruñeses. A empresa familiar herculina fabrica as patacas fritidas máis coñecidas e recoñecidas mundialmente, grazas á súa aparición en series e películas estranxeiras, que a catapultaron á fama internacional.

Pero, antes do seu impacto na cultura popular de medio mundo, Bonilla a la Vista despuntou como marca punteira na comunidade galega, apostando por produtos naturais e de calidade, e recuperando a receita tradicional coa que conquistaron a todo tipo de padais. Non só coas patacas fritidas, senón que tamén colleitaron éxito coa elaboración do seu chocolate con churros, unha delicia que promete non deixar indiferente a ninguén.

Diego Armando García é o responsable de Ventas da compañía, e un dos rostros máis coñecidos da mesma, xa que acode con asiduidade ás numerosas feiras e mercados gastronómicos que poñen en valor e dan visibilidade á produción local, dentro e fóra das fronteiras autonómicas (e internacionais).

Entre elas atópase a súa recente participación no San Sebastián Gastronomika, así como noutras iniciativas promovidas dende a Deputación da Coruña, coma o Mercado de Produtores, celebrado o pasado 19 de setembro no hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela, en colaboración co Circuíto de Golf e Croquet TUR 43, do que Bonilla a la Vista é colaborador habitual.

Galicia destaca pola súa rica tradición gastronómica. Como logran, dende Bonilla a la Vista, levar ese sabor único a diferentes públicos cun produto tan particular como son as patacas fritidas?

As patacas fritidas son un produto moi arraigado no mercado galego, que é o principal mercado da empresa. Se a isto lle engadimos que non se modificou en ningún momento a receita, nin a maneira de preparalas, isto convérteas nun produto moi recoñecible. Nós tratamos de trasladar aos nosos consumidores algo máis que un aperitivo, un produto con historia, tradición e máxima calidade.

É frecuente que participen en eventos gastronómicos de primeiro nivel, tanto nacionais como internacionais. Consideran estas feiras o mellor escaparate para poñer en valor os seus produtos?

Sen dúbida, unha feira gastronómica é un punto de encontro da empresa cos nosos cliente, futuros compradores ou, incluso, cos clientes finais. Nelas sempre ofrecemos unha mostra do produto, xa que non hai mellor carta de presentación que a degustación da nosa pataca.

As patacas fritidas son un produto moi arraigado no mercado galego, que é o principal mercado da empresa

E falando de feiras… Madrid Fusión, San Sebastián Gastronómika e o Mercado de Produtores da Deputación da Coruña son só algúns dos eventos aos que Bonilla a la Vista asiste con frecuencia para promocionar as súas patacas fritidas. Que supón para vós estar alí e compartir espazo con tantos produtores diferentes?

Nós acudimos a estes eventos como representantes, e baixo o amparo da Deputación da Coruña. Son eventos enriquecedores onde se establecen nexos con diferentes empresas, e sempre é un orgullo para nós participar neles. Estamos moi agradecidos á Deputación por contar con nós en todos estes actos, é unha sinerxía moi exitosa para ambas partes.

E en eventos de tal magnitude, como logran destacar entre tantas propostas? Cal diría que é o valor diferencial de Bonilla a la Vista?

Para nós é clave lograr a atención nunha feira que presenta tanta oferta, así como tamén o é empatizar co visitante, ofrecer degustacións da nosa pataca, dedicarlle a mellor atención a cada visita, e ser capaces de transmitir que temos un produto de máxima calidade e de fácil acceso.

Non destinamos partidas de inversións específicas en marketing e publicidade para introducirnos en novos mercados pero, aínda así, conseguimos ter presenza neles

Bonilla a la Vista logrou penetrar en mercados internacionais con gran éxito. Cal é o segredo para conectar con consumidores de diferentes países e contornas culturais e sociais?

É unha pregunta complicada, non hai unha tecla que garanta o éxito. Non destinamos partidas de inversións específicas en marketing e publicidade para introducirnos en novos mercados pero, aínda así, conseguimos ter presenza neles. Ao final, a clave está na calidade do produto que ofertamos, no boca a boca, e na presenza nestas feiras gastronómicas, que nos dan a oportunidade de que a xente nos coñeza e probe os nosos produtos.

También en TUR43

16 julio 2026

Os Xoves de Códax regresan con cinco conciertos solidarios


Leer más

Fotos: Raúl Lorenzo

8 julio 2026

El Atlantic Pride alcanza su ecuador con una jornada protagonizada por Alba Reche, el arte drag y la electrónica


Leer más

Fotos: Deputación da Coruña

7 julio 2026

El percebe de Puerto de Vega se proclama campeón del mundo en Cedeira


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Os Xoves de Códax regresan con cinco conciertos solidarios
    16 julio 2026
  • Galicia forma a medio centenar de docentes de la diáspora
    15 julio 2026
  • El Xacobeo 2027 reivindicará la acogida como seña de identidad de Galicia
    14 julio 2026
  • El eclipse solar del 12 de agosto dispara las reservas anticipadas en los campings
    13 julio 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Arturo Zarauza: «Es un orgullo habernos consolidado en un Circuito del prestigio de TUR 43 Galicia Calidade»
    16 junio 2026
  • Guillermo Navarro: «Una de las grandes fortalezas del croquet es que es un deporte verdaderamente inclusivo»
    12 junio 2026
  • Santiago Villanueva: «Eventos como el Circuito TUR 43 Galicia Calidade son una magnífica herramienta de promoción para la Ribeira Sacra»
    5 junio 2026
  • Xosé Regueira: «A eclipse é unha oportunidade única de proxección internacional»
    23 abril 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}