TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Entrevistas TUR 43
  • Diego Trillo: «A posibilidade de dar a coñecer a nosa marca fóra de Galicia é fundamental»

Diego Trillo: «A posibilidade de dar a coñecer a nosa marca fóra de Galicia é fundamental»

O artífice de Pandejuevo foi un dos participantes do Mercado de Produtores organizado pola Deputación da Coruña en colaboración con TUR 43

Lidia Fernández

13 octubre, 2025

Diego Trillo, o pasteleiro autodidacta que conquistou A Costa da Morte co seu proxecto personal, Pandejuevo, e agora leva os sabores da comarca por toda Galicia, foi un dos participantes no Mercado de Produtores celebrado o pasado 19 de setembro no hotel Oca Puerta del Camino de Santiago, unha iniciativa organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co Circuito de Golf e Croquet TUR 43.

Que significa para vós participar neste mercado, nun evento que mestura deporte, turismo e gastronomía, como oportunidade para dar a coñecer Pandejuevo?

Para nós, estar presentes neste tipo de circuítos e eventos é unha oportunidade única. A nosa marca, en moitos casos, funciona como un souvenir, unha lembranza vinculada á identidade galega, especialmente á da Costa da Morte. Participar nun evento como o Circuíto de Golf e Croquet TUR 43, que reúne xogadores de Galicia, Asturias e Portugal, permítenos reforzar a nosa presenza e abrir novos mercados.

Ao estar presentes en circuítos de turismo e gastronomía, podemos amosar que Galicia ten produtos de calidade diferenciada, que non só se consumen localmente, senón que tamén teñen un gran potencial para conquistar outros públicos. Outro aspecto que destacamos é que este evento atrae a un público que valora a calidade e a singularidade, e ao final, o que nós ofrecemos encaixa perfectamente nesa filosofía.

Participar neste tipo de iniciativas tamén vos permite darvos a coñecer fóra de Galicia. Noutros lugares como Asturias ou Portugal, a vosa marca pode ser menos coñecida. Como valorades a posibilidade de chegar a novos públicos a través deste circuíto internacional?

Exactamente. A posibilidade de dar a coñecer Pandejuevo fóra de Galicia é fundamental. En lugares como Asturias ou Portugal, aínda que estamos facendo un traballo para estar presentes, non somos tan coñecidos como na nosa propia provincia. O circuíto permite que a nosa marca chegue a novos consumidores, tanto de dentro como fóra de Galicia, o que é unha vantaxe importante.

Ademais, estar en contacto con xogadores e visitantes doutros lugares tamén nos permite abrir novos horizontes no mercado. Por exemplo, en Galicia ou na provincia da Coruña xa temos máis visibilidade, pero noutras zonas, especialmente no resto de España ou en Portugal, aínda estamos a darnos a coñecer. Neste sentido, participar nun evento que xunta a tantas persoas e que ten unha dimensión internacional, é unha excelente oportunidade para chegar máis lonxe.

Ao estar presentes en circuítos de turismo e gastronomía, podemos amosar que Galicia ten produtos de calidade diferenciada

Falaches de abrir novos mercados, pero este tipo de eventos tamén serve como escaparate para amosar a calidade do produto. Que significa para vós participar nun mercado de produtores como este no que se combinan distintas marcas e produtos galegos?

Para nós, participar neste tipo de mercados é, sen dúbida, unha gran oportunidade para dar visibilidade a toda a nosa gama de produtos. A xente que se achega ao circuíto de golf non só está interesada no deporte, senón tamén na gastronomía e no turismo, o que crea un ambiente perfecto para amosar o que facemos.

O mercado de produtores é como un escaparate no que as persoas que nos visitan poden descubrir a calidade dos nosos produtos e probar directamente o que ofrecemos en Pandejuevo. Non só se trata de vender, senón tamén de dar a coñecer o noso traballo, a nosa filosofía e a importancia dos ingredientes cos que facemos as nosas galletas, pan e doces. E, ademais, podemos interactuar directamente co consumidor, algo que é moi valioso para nós.

Neste tipo de eventos, onde se reúnen moitas marcas e produtores, tamén hai moita competencia. Participastes nalgún outro evento semellante organizado pola Deputación ou outras feiras que vos permitiran chegar a públicos novos?

Si, de feito, o último evento no que estivemos foi no Festival da Luz, que tamén é un mercado de produtores moi interesante. Este festival atrae a un público moi diverso e a xente que se achega está moi interesada en descubrir produtos locais e artesanais. É unha feira que tamén movía moita xente e nos permitiu interactuar con persoas de diferentes lugares.

Comparado co Festival da Luz, esta xornada é algo máis tranquila. O público é diferente, xa que se trata de xogadores de golf cun perfil máis específico, e moitos deles tamén veñen acompañados das súas familias. Por iso, podemos establecer conversas máis tranquilas, o que facilita a conexión co consumidor.

O mercado de produtores é como un escaparate no que as persoas que nos visitan poden descubrir a calidade dos nosos produtos

Cal é o valor diferencial dos vosos produtos, como pan de xogo, galletas ou doces, respecto doutras marcas?

O noso valor diferencial é, sen dúbida, o mimo e o coidado co que facemos os nosos produtos. No obradoiro sempre dicimos que a man é o que nos diferencia. Cada galleta, cada etiqueta, todo está feito de xeito artesanal e manual. Colocamos cada etiqueta e cada galleta a man, unha a unha. Isto dálle un valor único ao produto.

Ademais, tamén prestamos moita atención aos ingredientes. En Pandejuevo traballamos co mellor produto posible, o que se reflicte na calidade final do noso pan, galletas ou doces. Neste sentido, a nosa filosofía é ofrecer sempre un produto auténtico e coidado, que destaque polo sabor e a calidade.

Cal é o produto que máis se consume ou que máis gusta entre os vosos clientes? Hai algún produto que vos sorprenda polo éxito que está tendo?

Sen dúbida, a galleta de chocolate é a máis vendida, é a que máis demandan os clientes. Pero tamén acabamos de sacar unha nova galleta de sementes, que está tendo moito éxito e está a gustar moito. É unha combinación moi interesante que se está a recibir de xeito moi positivo.

Aínda así, a que máis esperamos todos é a galleta de Nadal. Xa estamos comezando a produción e sairá ao mercado en outubro. Sabemos que vai ser un éxito, xa que sempre ten moita aceptación e é unha das que máis se agardan ao longo do ano.

También en TUR43

16 abril 2026

Aceites Abril lanza su nueva gama de biberones de aceite


Leer más
15 abril 2026

Tom Jones actuará en A Coruña dentro de los Concertos do Xacobeo 2026


Leer más

Foto: Adobe Stock

14 abril 2026

El modelo turístico gallego se consolida con récord de visitantes y apuesta por la sostenibilidad


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Aceites Abril lanza su nueva gama de biberones de aceite
    16 abril 2026
  • Tom Jones actuará en A Coruña dentro de los Concertos do Xacobeo 2026
    15 abril 2026
  • El modelo turístico gallego se consolida con récord de visitantes y apuesta por la sostenibilidad
    14 abril 2026
  • El Salón Gourmets arranca con una amplia programación de más de 30 actividades gastronómicas
    13 abril 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Carmen Sánchez: “Todo o que sexa divulgación e promoción para os nosos produtores é magnífico”
    23 octubre 2025
  • Brígida Hermida: «O que  máis valoran dos nosos xeados é a calidade da elaboración e a materia prima»
    22 octubre 2025
  • Diego Armando: «Para nós é clave lograr a atención nunha feira que presenta tanta oferta»
    21 octubre 2025
  • Gerardo Velando: “O cliente valora en Raizame o incrible sabor das nosas elaboracións”
    20 octubre 2025
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}