TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Enogastronomía
  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»

Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»

A marca galega Apia Natura aposta pola elaboración artesanal, a calidade e a riqueza floral do territorio para levar o mel a novos mercados

Foto: Cedida.

Lidia Fernández

3 noviembre, 2026

Apia Natura é un exemplo de como a tradición apícola galega pode converterse nun proxecto empresarial innovador, capaz de poñer en valor a riqueza natural do territorio e conquistar novos mercados. Cunha aposta firme pola calidade, a elaboración artesanal e o respecto polos recursos naturais, a marca elabora meles que reflicten a diversidade floral de Galicia. O recoñecemento internacional dos seus produtos avala unha traxectoria que demostra o potencial do sector primario galego e a importancia de apostar pola diferenciación, a identidade local e a excelencia.

Apia Natura converteuse nun proxecto empresarial ligado á produción de mel e á posta en valor dos recursos naturais de Galicia. Como xurdiu a iniciativa e como conseguistes transformar esa aposta polo produto local nunha marca propia?

A iniciativa xurdiu da paixón de aproveitar os recursos naturais da mesma maneira que facían os nosos avós, aplicando ao mesmo tempo técnicas de vangarda, que permiten a elaboración dun produto de primeira calidade, afastado dos procesos industriais e totalmente natural.

O salto definitivo cara a unha marca propia deuse grazas ao recoñecemento en certames estranxeiros. La Original logrou entrar no Top 100 mundial nos prestixiosos London Honey Awards coa medalla de ouro durante varios anos consecutivos, o que nos aportou un gran recoñecemento e demostrou o enorme valor competitivo do produto galego fóra das nosas fronteiras

Que valor diferencial teñen os vosos produtos e que os fai especiais fronte a outras propostas do mercado?

Empregar un proceso de decantación lenta ou evitar o quecemento excesivo durante a extracción é un aspecto clave e diferenciador do noso método de traballo. No noso mel atopase un sabor único, que nace a raíz dunha meticulosa selección e combinación de meles de distintas rexións de Galicia, logrando un perfil sensorial complexo cunhas propiedades organolépticas muy contidas, sen grandes retrogustos que dan lugar a un resultado doce e moi equilibrado, que representa fielmente a flora do noso territorio.

Outro aspecto diferenciador e a nosa aposta por representar unha gama de tres meles que nacen co obxectivo de segmentar e poñer en valor os diferentes ecosistemas de Galicia segundo a altitude e a flora local.

No noso mel atopase un sabor único, que nace a raíz dunha meticulosa selección e combinación de meles de distintas rexións de Galicia

Cada vez hai máis consumidores interesados en coñecer a orixe dos alimentos e apostar por produtos de proximidade. Que importancia teñen para Apia Natura a calidade, a produción artesanal e o vínculo co territorio?

Para nós a calidade, a produción artesanal e o vínculo co territorio son tres piares fundamentais que xustifican a existencia mesma do proxecto fronte ao mercado industrial. Son factores que permiten transmitir ao consumidor que o noso mel mantén todas as súas propiedades iniciais.

A provincia da Coruña conta cun tecido de pequenos produtores e empresas agroalimentarias que contribúen a dinamizar a economía local e a manter viva a actividade no rural. Que papel considerades que desempeña Apia Natura neste contexto e que dificultades atopades á hora de desenvolver e consolidar un proxecto destas características?

Consideramos que o noso proxecto pode demostrar que o sector primario galego pode xerar un valor engadido e competir nos mercados internacionais, pese ás adversidades que nos podemos atopar, como son os fenómenos meteorolóxicos extremos ou a ameaza de especies invasoras como a avespa Velutina.

Para nós a calidade, a produción artesanal e o vínculo co territorio son tres piares fundamentais que xustifican a existencia mesma do proxecto fronte ao mercado industrial

Os produtos galegos están a gañar presenza en novos mercados e espazos de promoción gastronómica. Que importancia teñen as feiras e as iniciativas de apoio ao produto local, como a campaña A Paisaxe que Sabe, que apoia o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade, para dar a coñecer os produtos galegos dentro e fóra da comunidade?

Valoramos moito este tipo de eventos porque nos dá a oportunidade de que o noso produto poida chegar a un público moi concreto, reforzando a confianza do consumidor e o mesmo tempo darlle unha maior visibilidade. Eventos como o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade permiten situar os produtos autóctonos directamente no terreo de mercados veciños e aportar un alto interese comercial.

O noso proxecto pode demostrar que o sector primario galego pode xerar un valor engadido e competir nos mercados internacionais

A aposta pola calidade e pola diferenciación resulta fundamental para competir nun mercado cada vez máis amplo. Como valorades a evolución de Apia Natura desde os seus inicios e que importancia teñen os recoñecementos, a promoción e o apoio das institucións para impulsar proxectos empresariais vinculados ao territorio?

A evolución de Apia Natura desde os seus inicios reflicte o éxito dun modelo de negocio baseado no crecemento respetuoso coa calidade do producto e so seu entorno. O proxecto pasou de ser a aposta persoal dun mozo apicultor polo mel tradicional a converterse nunha marca de referencia gourmet consolidada no mercado, grazas aos recoñecementos que se foron adquirindo con moito esforzo e constancia.

También en TUR43

Foto: Deputación da Coruña.

5 noviembre 2026

Galicia lleva sus productos y su gastronomía a Barcelona para abrir nuevas oportunidades comerciales


Leer más

Foto: Cedida.

31 octubre 2026

Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»


Leer más
30 octubre 2026

Sor Josefina: «O convento de Santa Bárbara é o corazón da Coruña»


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Volotea regresa al aeropuerto de A Coruña con cinco nuevas rutas nacionales
    6 noviembre 2026
  • Galicia lleva sus productos y su gastronomía a Barcelona para abrir nuevas oportunidades comerciales
    5 noviembre 2026
  • La Costa da Morte instala contadores de turistas para medir la afluencia en sus principales atractivos
    4 noviembre 2026
  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»
    3 noviembre 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»
    3 noviembre 2026
  • 0
    Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»
    31 octubre 2026
  • Sor Josefina: «O convento de Santa Bárbara é o corazón da Coruña»
    30 octubre 2026
  • Nieves Millán: “Nun mercado con moito produto, tes que diferenciarte e apostar sempre pola calidade”
    30 octubre 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}