TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Enogastronomía
  • Francisco No: «A nosa filosofía consiste en manter vivas as receitas centenarias que nos acompañan desde 1906»

Francisco No: «A nosa filosofía consiste en manter vivas as receitas centenarias que nos acompañan desde 1906»

San Isidro Bakery celebra o seu 120 aniversario combinando tradición, elaboración artesanal e innovación, cunha aposta polos ingredientes galegos e a identidade do territorio

Lucía No López; Dulce No López; Antonia López Carballeira; Laura No López e Francisco No López.

Lidia Fernández

29 octubre, 2026

Fundada en 1906 en Bergondo (A Coruña), San Isidro Bakery é un negocio familiar que, tras catro xeracións, mantén viva a tradición panadeira mentres explora novas propostas de pastelería e repostaría gourmet. Entre as súas elaboracións destacan o panettone artesán premiado a nivel nacional, a súa emblemática Ruliña e as empanadas galegas. A empresa reivindica o valor das materias primas de proximidade, dos procesos artesanais e de iniciativas como o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade, impulsado pola Deputación da Coruña no marco da campaña A Paisaxe que Sabe, para dar visibilidade aos produtores galegos.

Como naceu o proxecto e como evolucionou o negocio ao longo das distintas xeracións ata converterse nun referente do sector?

A historia de San Isidro Bakery comezou hai máis de 120 anos, cando a nosa familia emprendeu unha viaxe extraordinaria. Desde entón, catro xeracións compartimos a mesma paixón: elaborar cada día pan e produtos de pastelería. Precisamente este ano celebramos con orgullo o noso 120 aniversario, mantendo vivo ese legado.

1906 non é só unha data, senón parte do noso ADN. O proxecto naceu da man dos fundadores, Francisco López Losada e Antonia Costiñas Rey. Naquela época, a elaboración era completamente artesanal e os produtos repartíanse a cabalo. Na actualidade, a cuarta xeración, representada polos irmáns Lucía, Fran, Dulce e Laura No López, está a levar a panadería a unha nova etapa, cunha proxección que vai máis alá de Galicia. Combinamos receitas centenarias, como o noso biscoito tradicional, a Ruliña, coa alta pastelería.

Un dos grandes fitos foi o recoñecemento de Lucía No López co premio ao mellor panettone artesán da península ibérica na categoría de chocolate. A isto súmase o desenvolvemento de pans e empanadas gourmet, presentes en eventos como Madrid Fusión, e a comercialización dos nosos produtos a través da tenda en liña.

Un dos grandes fitos foi o recoñecemento de Lucía No López co premio ao mellor panettone artesán da península ibérica na categoría de chocolate

Como ben dis, ademais do pan tradicional, elaborades unha ampla variedade de empanadas, doces, tartas e produtos de repostaría. Cales son as vosas elaboracións máis representativas e cal é o valor diferencial que as distingue no mercado?

Entre as nosas elaboracións máis representativas destaca o panettone artesán, un dos produtos que máis recoñecementos nos achegou a nivel nacional. Sobresae o panettone de chocolate, premiado como o mellor da península ibérica na súa categoría, así como o Panettone do Camiño, unha proposta que combina a técnica italiana con ingredientes galegos, como a castaña e a cervexa artesá local.

Outro dos nosos produtos emblemáticos é a Ruliña, o doce máis lonxevo da casa. Trátase dun biscoito tradicional cunha receita propia que se mantivo ao longo das xeracións. Tamén destacan as nosas empanadas galegas gourmet, elaboradas mediante métodos tradicionais, con masas finas e crocantes, e unha variedade de recheos que combina propostas clásicas con outras máis innovadoras, presentadas en certames como Madrid Fusión.

A nosa oferta complétase cunha ampla selección de repostaría tradicional galega, que inclúe desde a Tarta de Santiago ata bicas, a Tarta Monasterio de Bergondo, a Mantecada Mariñán, orellas e doces de tempada que respectan o receitario histórico de Galicia.

En canto ao noso valor diferencial, apostamos polas masas nai e as fermentacións longas. Tanto o pan como os panettones se elaboran mediante procesos que poden alcanzar as 48 horas, o que contribúe a conseguir unha textura, un aroma e unha dixestibilidade característicos.

Ademais, damos prioridade ás materias primas de calidade e aos ingredientes de proximidade, entre eles o trigo galego e os produtos da comarca das Mariñas. A nosa filosofía consiste en manter vivas as receitas centenarias que nos acompañan desde 1906, incorporando ao mesmo tempo técnicas de alta pastelería que nos permiten innovar e competir ao máis alto nivel do sector.

Entre as nosas elaboracións máis representativas destaca o panettone artesán, un dos produtos que máis recoñecementos nos achegou a nivel nacional

Como combinades entón as receitas tradicionais coa innovación para adaptarvos aos novos gustos e necesidades dos consumidores?

A combinación de tradición e innovación baséase nun equilibrio entre o respecto polos tempos artesanais e a aplicación de técnicas modernas. Seleccionamos materias primas de calidade e coidamos cada detalle do proceso, porque consideramos que cada ingrediente e cada elaboración deben responder ao mesmo nivel de esixencia.

Un exemplo desta evolución é a adaptación dalgunhas receitas centenarias. Mantemos o sabor orixinal de produtos históricos, como a Ruliña ou as nosas bicas, pero revisamos aspectos como as proporcións de azucre e graxas para responder ás preferencias dos consumidores, que cada vez buscan produtos máis lixeiros.

O panettone representa outra das nosas principais vías de innovación. Partimos dunha elaboración de orixe italiana e aplicamos as técnicas tradicionais desta especialidade, incorporando ingredientes galegos como a castaña, as herbas para infusións ou as cervexas artesás da zona. Deste xeito, conseguimos crear produtos diferenciados que combinan a excelencia técnica coa identidade gastronómica do noso territorio e que resultan especialmente atractivos para o público gourmet.

A elaboración artesanal e a selección das materias primas son fundamentais para ofrecer produtos de calidade. Que características definen os produtos de San Isidro Bakery e que importancia teñen a tradición, o saber facer do obradoiro e a utilización de ingredientes galegos na conservación da súa identidade?

Os nosos produtos defínense pola elaboración coidadosa, sen présas e prescindindo de aditivos artificiais e conservantes industriais. Traballamos con masas nai propias e procesos de fermentación controlada que poden chegar ás 48 horas, cos que conseguimos miolos alveolados, codias crocantes e produtos que conservan a súa tenrura de maneira natural durante máis tempo.

Ademais, buscamos que cada elaboración transmita a identidade do territorio. Os nosos doces e empanadas teñen un perfil aromático vinculado á tradición gastronómica galega. Neste proceso, o factor humano continúa a ser fundamental. Aínda que contamos con maquinaria moderna para controlar as temperaturas e outras variables, o punto exacto da masa segue dependendo, en boa medida, do tacto e da experiencia dos mestres panadeiros. É un coñecemento transmitido de xeración en xeración que nos permite adaptar a produción diaria a factores como a humidade ou a temperatura ambiente.

Outro dos nosos sinais de identidade é o respecto polos tempos de elaboración. Nun mercado no que todo parece avanzar cada vez máis rápido, defendemos a paciencia e os procesos tradicionais. Entendemos que, para conseguir un pan ou un panettone excepcional, o tempo é insubstituíble.

A utilización de ingredientes galegos tamén desempeña un papel esencial. O trigo galego e as fariñas do país achegan características propias de sabor e aroma, mentres que produtos como as castañas, o mel, a manteiga de vaca galega ou as cervexas artesás da contorna reforzan a vinculación das nosas elaboracións co territorio.

Esta aposta pola materia prima local permítenos ofrecer produtos de calidade e, ao mesmo tempo, poñer en valor a riqueza gastronómica de Galicia, que tamén forma parte da identidade das nosas elaboracións e dos recoñecementos que fomos acadando.

Os nosos produtos defínense pola elaboración coidadosa, sen présas e prescindindo de aditivos artificiais e conservantes industriais

Os produtos de calidade diferenciada teñen cada vez máis presenza na promoción gastronómica e turística de Galicia. Que importancia teñen iniciativas como o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade, patrocinado pola Deputación da Coruña no marco da campaña A Paisaxe que Sabe, para dar a coñecer produtos de referencia como os vosos?

Iniciativas como o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade, impulsado pola Deputación da Coruña no marco da campaña A Paisaxe que Sabe, son ferramentas estratéxicas para empresas como San Isidro Bakery, xa que contribúen á promoción dos produtos locais e á súa conexión con novos públicos.

Por unha banda, estes eventos permiten achegarnos a un perfil de visitante que busca experiencias exclusivas e que valora a calidade e a elaboración artesanal. A presenza dos nosos produtos nas degustacións e nos premios vinculados ao circuíto axúdanos a conectar con consumidores interesados en descubrir propostas gastronómicas diferenciadas.

Por outra, participar nestas iniciativas contribúe a reforzar a nosa reputación e a asociar as nosas elaboracións coa excelencia dos produtos galegos. Neste sentido, o espírito de A Paisaxe que Sabe encaixa plenamente coa nosa filosofía: cando ofrecemos un produto elaborado con trigo galego, castañas ou mel do país, tamén estamos a transmitir a riqueza do territorio e da paisaxe da comarca das Mariñas.

Ademais, este tipo de accións favorecen a dinamización económica e turística do rural. Contribúen a dar visibilidade aos obradoiros situados fóra dos grandes núcleos urbanos, como o noso en Bergondo, e a demostrar que estas empresas poden desempeñar un papel relevante na actividade económica, cultural e gastronómica da súa contorna.

Iniciativas como o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade son ferramentas estratéxicas para empresas como San Isidro Bakery

O sector da panadería e da repostaría artesanal afronta retos como o aumento dos custos e os cambios nos hábitos de consumo. Que desafíos e obxectivos se marca San Isidro Bakery para garantir a continuidade do negocio familiar e manter a calidade e a tradición das súas elaboracións?

O noso principal reto é afrontar o actual escenario económico sen renunciar aos principios artesanais que definen a empresa. Protexer un legado familiar con máis dun século de historia supón un orgullo, pero tamén unha enorme responsabilidade, polo que queremos seguir avanzando sen perder a esencia das nosas elaboracións.

A continuidade do negocio pasa por manter o equilibrio entre a adaptación aos novos tempos e a conservación do saber facer que recibimos das xeracións anteriores. Para nós, é fundamental que a calidade, o coidado dos procesos e a identidade dos produtos sigan sendo os piares do proxecto.

Celebrar máis de 120 anos de historia só foi posible grazas á confianza e á fidelidade dos nosos clientes. O noso obxectivo é que a cuarta xeración e as que veñan despois poidan seguir ofrecendo produtos coa mesma alma e o mesmo sabor que aqueles que se repartían a cabalo por Bergondo a comezos do século pasado.

También en TUR43

Foto: Deputación da Coruña.

5 noviembre 2026

Galicia lleva sus productos y su gastronomía a Barcelona para abrir nuevas oportunidades comerciales


Leer más

Foto: Cedida.

3 noviembre 2026

Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»


Leer más

Foto: Cedida.

31 octubre 2026

Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Volotea regresa al aeropuerto de A Coruña con cinco nuevas rutas nacionales
    6 noviembre 2026
  • Galicia lleva sus productos y su gastronomía a Barcelona para abrir nuevas oportunidades comerciales
    5 noviembre 2026
  • La Costa da Morte instala contadores de turistas para medir la afluencia en sus principales atractivos
    4 noviembre 2026
  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»
    3 noviembre 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»
    3 noviembre 2026
  • 0
    Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»
    31 octubre 2026
  • Sor Josefina: «O convento de Santa Bárbara é o corazón da Coruña»
    30 octubre 2026
  • Nieves Millán: “Nun mercado con moito produto, tes que diferenciarte e apostar sempre pola calidade”
    30 octubre 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}