TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Entrevistas TUR 43
  • Jorge López: «A marca Mar de Barallobre permítenos diferenciar os nosos produtos e darlles unha identidade propia»

Jorge López: «A marca Mar de Barallobre permítenos diferenciar os nosos produtos e darlles unha identidade propia»

A confraría de Barallobre reivindica a calidade do marisco da ría de Ferrol, o valor do traballo artesanal e a importancia da promoción para garantir o futuro do sector

Foto: Deputación da Coruña. Jorge López, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Barallobre.

Lidia Fernández

27 octubre, 2026

A Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Barallobre é un referente da tradición mariñeira da ría de Ferrol e da posta en valor dos seus recursos naturais. Nun momento especialmente complexo para o sector marisqueiro, a entidade reivindica a calidade dos produtos da ría, o traballo artesanal e a importancia da promoción para achegar a súa riqueza gastronómica a novos públicos. A marca Mar de Barallobre, a participación en iniciativas de promoción e a necesidade de protexer e recuperar os bancos marisqueiros son algunhas das claves para preservar a identidade mariñeira da contorna e garantir o futuro da actividade.

A Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Barallobre conta cunha longa tradición ligada á pesca e ao marisqueo na ría de Ferrol. Que importancia ten esta actividade para a identidade e a economía da contorna e como evolucionou o traballo da confraría ao longo dos anos?

O marisqueo na ría de Ferrol foi durante moito tempo un dos recursos máis importantes da comarca e xerou unha gran actividade económica, ao ser un dos piares fundamentais do sector primario. Porén, actualmente estamos a atravesar o peor momento, sen tregua para o sector. Esta situación obrigou aos nosos socios e socias a recorrer a outras artes de pesca para poder seguir traballando no mar e sobrevivir economicamente.

A calidade do produto está directamente relacionada co medio mariño e co traballo das persoas mariscadoras. Como inflúen a riqueza da ría, os métodos de extracción e o coñecemento tradicional na calidade do marisco que comercializades?

Toda a nosa extracción é artesanal e realízase con moito coidado por parte dos nosos socios e socias, que son profesionais con ampla experiencia no sector. Ese traballo coidadoso e o coñecemento que teñen do medio mariño son fundamentais para garantir a calidade do marisco que extraemos e comercializamos. A confraría aposta por novas vías de comercialización e promoción, desde a venda directa ata o desenvolvemento da identidade propia do produto.

Toda a nosa extracción é artesanal e realízase con moito coidado por parte dos nosos socios e socias

Que importancia teñen iniciativas como a marca Mar de Barallobre para diferenciar os vosos produtos e achegalos a novos consumidores?

A marca Mar de Barallobre permítenos diferenciar os nosos produtos e darlles unha identidade propia. Grazas a ela, os nosos produtos son moi demandados tanto por particulares como polo sector da restauración. Ademais, contribúe a que os consumidores poidan identificar a súa orixe e teñan a garantía de que están a mercar o produto que realmente buscan.

A colaboración coa Deputación da Coruña contribúe á promoción do produto local e á participación en iniciativas como A Paisaxe que Sabe, presente na Festa do Marisco de Barallobre. Que vos achega este apoio e que importancia teñen eventos como o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade para dar visibilidade aos produtos marítimos galegos e difundir a súa calidade?

Contar co apoio da Deputación da Coruña é moi importante para nós, xa que nos permite achegar os nosos produtos ao consumidor final. A través de feiras, festas gastronómicas e degustacións, temos a oportunidade de mostrar todo o potencial dos produtos do sector primario e dar a coñecer a súa calidade. Estas iniciativas axúdannos a chegar a novos públicos e a poñer en valor o traballo que hai detrás de cada produto.

Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Barallobre.

A Festa do Marisco de Barallobre permite achegar os produtos da ría directamente ao público a través de degustacións e propostas gastronómicas. Que valor teñen estes encontros para divulgar a cultura mariñeira e conseguir que a cidadanía coñeza e aprecie mellor os produtos do mar?

Para nós, estes encontros son unha maneira de que os visitantes coñezan a nosa gastronomía e os produtos da ría, pero tamén a nosa historia, a nosa cultura e o noso patrimonio. Son unha oportunidade para mostrar o valor do traballo mariñeiro e para que a cidadanía aprecie mellor a riqueza que temos na nosa contorna.

A confraría aposta por novas vías de comercialización e promoción

Participastes en feiras profesionais como o Salón Gourmets de Madrid e Seafood Expo de Barcelona, nas que se dan cita profesionais do sector alimentario. Que balance facedes destas experiencias e que oportunidades ofrecen para abrir mercados, establecer contactos e dar a coñecer o marisco da ría de Ferrol máis alá de Galicia?

Grazas á Deputación da Coruña, tivemos a oportunidade de presentar os nosos produtos en diversas feiras profesionais e mostrar a nosa riqueza a potenciais clientes. Estas experiencias permítennos dar a coñecer o marisco da ría de Ferrol máis alá de Galicia, establecer novos contactos e abrir oportunidades comerciais. Todo isto pode contribuír a mellorar a comercialización dos nosos produtos e a que os nosos socios e socias vexan medrar a súa economía.

Contar co apoio da Deputación da Coruña é moi importante para nós, xa que nos permite achegar os nosos produtos ao consumidor final

Que retos afronta hoxe o sector marisqueiro, especialmente ante os cambios nas condicións ambientais e a necesidade de garantir o futuro dos bancos marisqueiros? Que obxectivos vos marcades para seguir fortalecendo a confraría e poñendo en valor os produtos da ría de Ferrol?

Un dos nosos principais obxectivos é rematar o estudo integral da nosa ría, así como avanzar noutros proxectos nos que estamos a traballar. Necesitamos coñecer con precisión cal é a problemática que está a provocar a escaseza de marisco e por que se produce tanta mortaldade. Para recuperar e protexer os bancos marisqueiros, consideramos necesario actuar sobre o medio mariño mediante movementos de substrato, a sementeira de cría e a eliminación dos vertidos á ría.Tamén é fundamental eliminar aquelas infraestruturas que dificultan ou modifican as correntes mariñas. O noso obxectivo é identificar as causas do problema e impulsar as actuacións necesarias para recuperar a ría e garantir o futuro da actividade marisqueira.

También en TUR43

Foto: Cedida.

3 noviembre 2026

Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»


Leer más

Foto: Cedida.

31 octubre 2026

Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»


Leer más
30 octubre 2026

Sor Josefina: «O convento de Santa Bárbara é o corazón da Coruña»


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Volotea regresa al aeropuerto de A Coruña con cinco nuevas rutas nacionales
    6 noviembre 2026
  • Galicia lleva sus productos y su gastronomía a Barcelona para abrir nuevas oportunidades comerciales
    5 noviembre 2026
  • La Costa da Morte instala contadores de turistas para medir la afluencia en sus principales atractivos
    4 noviembre 2026
  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»
    3 noviembre 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»
    3 noviembre 2026
  • 0
    Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»
    31 octubre 2026
  • Sor Josefina: «O convento de Santa Bárbara é o corazón da Coruña»
    30 octubre 2026
  • Nieves Millán: “Nun mercado con moito produto, tes que diferenciarte e apostar sempre pola calidade”
    30 octubre 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}