TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Entrevistas TUR 43
  • Mar Ferreiro: «A desestacionalización é un elemento clave do turismo deportivo»

Mar Ferreiro: «A desestacionalización é un elemento clave do turismo deportivo»

A directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes na Coruña valora en positivo o impacto do Circuíto TUR 43 Galicia Calidade na provincia

Foto: Yanka Soto.

Lidia Fernández

29 septiembre, 2026

Mar Ferreiro Broz é a directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes na provincia da Coruña, e este ano participou por primeira vez nas celebracións de peche do Circuíto TUR 43 Galicia Calidade, que conta coa colaboración e patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia. Esta edición foi moi especial, xa que levou da man a todos os campos a marca de garantía Galicia Calidade, certificando uns produtos enogastronómicos de primeira, e poñendo en valor á comunidade como destino turístico por excelencia.

Que supón para a provincia da Coruña acoller a gran final do Circuíto TUR 43 Galicia Calidade tras percorrer Galicia, Asturias e o norte de Portugal?

A Xunta sempre celebra a organización de competicións deportivas deste calado na nosa comunidade. É bo para o deporte, para a nosa imaxe, e tamén para a economía.

O circuíto combina deporte, turismo e gastronomía. Que potencial ten esta fórmula para promocionar Galicia como destino de turismo deportivo?

É inmellorable: Galicia teno todo para acoller grandes citas deportivas, e sen dúbida a gastronomía, a nosa paisaxe e a nosa cultura son alicientes fundamentais tamén para o turismo deportivo.

Galicia teno todo para acoller grandes citas deportivas

Que impacto pode ter unha competición deste tipo na actividade turística e económica dos municipios que acollen as diferentes probas, especialmente fóra das épocas de maior afluencia turística?

A desestacionalización é un elemento clave do turismo deportivo: axúdanos a lograr que Galicia sexa destino turístico durante todo o ano, non só nos períodos vacacionais, derivándose ingresos máis estables e continuos.

O circuíto incorpora tamén a promoción de produtos galegos e da marca Galicia Calidade. Que valor ten asociar o deporte á gastronomía e aos produtos de calidade da comunidade?

Galicia Calidade traballa na promoción da marca de garantía e tamén nos produtos e servizos certificados. Eventos como o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade preséntanse como un dos escaparates óptimos para dalos a coñecer. Deporte e saúde van ligados sempre a alimentación de calidade. Ademais, este circuíto ten varias probas fóra da nosa comunidade, o que permite levar os nosos produtos tamén aos mercados exteriores, e que se dean a coñecer.

Eventos como o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade preséntanse como un dos escaparates óptimos

Esta edición permitiu aos participantes coñecer diferentes destinos do norte e noroeste peninsular. Que importancia ten esta dimensión territorial e de intercambio para un evento destas características?

É fundamental dar visibilidade a Galicia como destino de turismo deportivo dentro dun territorio máis amplo, e favorecer o fluxo de visitantes. O propio Circuíto TUR 43 Galicia Calidade busca promocionar as comunidades da España Verde e Portugal como destinos de golf, poñendo en valor a súa riqueza cultural, paisaxística e gastronómica.

A provincia da Coruña conta con escenarios como o Real Club de Golf de La Coruña e o Real Aeroclub de Santiago. Que oportunidades ofrece o territorio para seguir atraendo competicións deportivas vinculadas ao turismo?

Galicia é o perfecto escenario para competicións deportivas polos seus recursos naturais e paisaxísticos, e tamén polas súas instalacións deportivas. Galicia conta cunha rede estable de recursos materiais (instalacións e equipamentos) e humanos (tecido deportivo e a colaboración da Administración autonómica) para que o deporte siga medrando, tamén atraendo competicións deportivas. 

Galicia é o perfecto escenario para competicións deportivas polos seus recursos naturais e paisaxísticos, e tamén polas súas instalacións deportivas

Que papel desempeña a colaboración entre administracións, entidades deportivas e empresas para consolidar iniciativas como o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade?

TUR 43 conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o que é esencial para impulsar este tipo de iniciativas. O Plan de Patrocinios da Xunta é unha das ferramentas que consolidan esta relación que contribúe á promoción turística de Galicia e permite reforzar a visibilidade da marca Galicia Calidade.

O circuíto alcanza xa a súa sexta edición de golf e terceira de croquet. Que futuro lle ve e que retos debe afrontar Galicia para seguir medrando como destino de turismo deportivo?

Galicia é unha comunidade eminentemente polideportiva, e medra ano a ano como destino de turismo deportivo en todas estas modalidades, tamén no golf e no croquet, esta última recoñecida en Galicia dende hai só un ano, pero cun gran potencial, como o caso do golf, que pechou case xa as 13.000 licenzas neste 2026.

También en TUR43

Foto: Yanka Soto.

5 octubre 2026

Antón Viñuela: «Lo mejor ha sido conocer aún más la gastronomía gallega»


Leer más
25 septiembre 2026

Jairo Aldana: «El Circuito TUR 43 Galicia Calidade es una oportunidad para proyectar Galicia como destino»


Leer más
23 septiembre 2026

Paulo Ferreira: «Este circuito nos permite posicionar Vidago como destino de golf»


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Qué hacer en Vigo durante el puente del Pilar: excursiones a Cíes, San Simón y rutas con mejillones
    9 octubre 2026
  • OPC Galicia reivindica en Madrid el potencial de A Coruña para competir en el turismo MICE
    8 octubre 2026
  • El sector turístico reclama en TIS2026 una IA orientada a redistribuir los flujos y mejorar la gestión de los destinos
    6 octubre 2026
  • Galicia refuerza en Italia su apuesta por el turismo premium con la Ruta de la Camelia como reclamo
    6 octubre 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Antón Viñuela: «Lo mejor ha sido conocer aún más la gastronomía gallega»
    5 octubre 2026
  • Mar Ferreiro: «A desestacionalización é un elemento clave do turismo deportivo»
    29 septiembre 2026
  • Jairo Aldana: «El Circuito TUR 43 Galicia Calidade es una oportunidad para proyectar Galicia como destino»
    25 septiembre 2026
  • Paulo Ferreira: «Este circuito nos permite posicionar Vidago como destino de golf»
    23 septiembre 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}