30 septiembre, 2025
O CEO de Martietas de Fío, Óscar Varela, que participou o pasado 19 de setembro no Mercado de Produtores que organizou a Deputación da Coruña en colaboración co Circuito de Golf e Croquet TUR 43 no hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela, destacou a axuda que supón para dar visibilidade a pequenas marcas con gran potencial, e defende a importancia de crear sinerxías entre produtores para ofrecer propostas únicas ao consumidor.
O Circuíto de Golf e Croquet TUR 43 fusiona deporte, gastronomía e turismo. ¿Que valor lle aporta como produtor participar nun evento enmarcado neste circuíto, que atrae a xogadores do norte de España e Portugal?
Pois, primeiro, eu son xogador de golf e gran afeccionado a este deporte, co cal xa supón un orgullo engadido poder estar aquí colaborando con esta iniciativa. Ademais, para min o plan perfecto é turismo, deporte e gastronomía, por esta orde, e poder formar parte deste ecosistema é para nós un orgullo. Ao final, creo que tanto estes tres conceptos como o noso propio como marca teñen uns valores cos que nos sentimos moi identificados. Ademais, en calquera deles, a calidade e a procura da excelencia é algo prioritario, igual que o coidado polo medio ambiente e a sostibilidade.
Para min o plan perfecto é turismo, deporte e gastronomía, por esta orde, e poder formar parte deste ecosistema é para nós un orgullo
Cal cre que é a importancia de iniciativas como o Mercado de Produtores da Deputación da Coruña á hora de dar a coñecer os produtos gastronómicos da provincia?
É unha iniciativa extraordinaria, xa que para marcas como podemos ser a maior parte das que estamos aquí é unha oportunidade, porque somos pequenas, pero temos todas un gran potencial. Ademais, o feito de crear un evento destas características no que poder chegar a unha gran cantidade de público que seguramente non nos coñeza e que, ademais, sexa público obxectivo, pois creo que é o combo perfecto. Que se preocupen por unir deporte, turismo e gastronomía é fabuloso.

Xa participara algunha vez nalgún destes proxectos da Deputación da Coruña? Que vantaxes ten promocionarse xunto con outros produtores?
Si, participamos varias veces porque son moi interesantes e, sobre todo, a vantaxe que vexo máis substancial é o feito de que xorden sinerxías cos que nos visitan e entre os propios produtores. Moitas veces, por descoñecemento, non prestamos atención ao veciño do lado que, ao final, ofrece un produto totalmente complementario ao teu. Entón, no noso caso, por exemplo, unhas galletas cun café creo que é a mellor maridaxe, incluso cun licor ou con calquera outro produto que poida poñer en valor esa simbiose.
Martietas é un produto curioso porque non somos nin unha galleta, nin unha pasta, nin un biscoito: somos un mix destas tres cousas
Que é o que máis destaca dos seus produtos? Por que os escollen os consumidores e que é o que máis valoran?
Martietas é un produto curioso porque non somos nin unha galleta, nin unha pasta, nin un biscoito: somos un mix destas tres cousas. Ten unhas características que a fan diferente con respecto a outras posibles galletas ou pastas que poida haber no mercado. Aunamos estes tres conceptos nun único produto que se caracteriza por utilizar só ingredientes naturais, cun elemento clave como é a laranxa, da que empregamos tanto o zume como a reladura e cun toque final de azucre mariño e sal.
O que conseguimos cos ingredientes e a elaboración totalmente artesanal é que sexa un produto que marida fenomenal con café, con calquera tipo de licor ou, incluso, cunha copa de ron. A isto temos que engadir o atractivo do packaging: botes de vidro e madeira herméticos e totalmente respectuosos co medio ambiente. A suma de todos estes valores dá como resultado un produto único como son as Martietas.