TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Enogastronomía
  • Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»

Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»

Costumes Galicia, especializada na elaboración de empanadas galegas artesanais, aposta pola calidade, a ultraconxelación e a internacionalización para ampliar a súa presenza en Europa

Foto: Cedida.

Lidia Fernández

31 octubre, 2026

Nacida en 2015 da man de Paco Fraga, Costumes Galicia aposta pola elaboración artesanal de empanadas galegas con materias primas naturais e sen conservantes. Desde o seu obradoiro de Carballo (A Coruña) a empresa combina receitas tradicionais e novas propostas cun proceso de ultraconxelación que facilita a distribución dos seus produtos a diferentes mercados. Presente en sete países europeos, Costumes Galicia continúa a impulsar a súa expansión internacional sen renunciar á esencia da gastronomía galega.

Costumes Galicia está especializada na elaboración de empanadas galegas artesanais. Como naceu a empresa e como evolucionou ata hoxe?

A empresa naceu no ano 2015 como un proxecto persoal do administrador, Paco Fraga, despois dunha longa traxectoria familiar de panadeiros, para poder así levar unha empanada artesanal á mesa da xente doutras provincias e incluso doutros países.

Esas persoas, que están afeitas a degustar, cada vez que veñen a Galiza, unha empanada diferente á que adoitamos ver nos andeis dos supermercados, demándana para consumila alí onde residen.

A evolución nestes anos foi moi positiva e actualmente estamos presentes en moitas das mellores panadarías e pastelarías de todo o país. As nosas empanadas poden verse compartindo vitrinas coas especialidades de pan e repostería doce de grandes panadeiros e pasteleiros, que desexan ofrecer ao consumidor final de cada punto de venda unha oferta completa de pan + doce + salgado. Nós achegamos o salgado!

A nosa presenza en restaurantes, empresas de catering e establecementos de alimentación en xeral que buscan e valoran un produto diferencial e autóctono tamén é destacada en moitas rexións.

A evolución nestes anos foi moi positiva e actualmente estamos presentes en moitas das mellores panadarías e pastelarías de todo o país

Elaborades empanadas con ingredientes naturais e cocidas en forno de pedra. Que características definen os vosos produtos e como garantides a súa calidade?

As empanadas que facemos no noso obradoiro de Carballo están elaboradas con materias primas 100 % naturais, desde a cebola natural, que se pela e refoga diariamente na nosa cociña, ata as carnes, os peixes e os mariscos, todos eles elaborados no noso obradoiro. Para a masa de tipo quebrada utilizamos fariñas de trigos duros sen aditivos.

A esencia da nosa empanada, como a de moitas das mellores empanadas elaboradas en obradoiros artesanais de Galiza, baséase tamén no seu proceso de elaboración manual, con aspectos moi valorados polos nosos comensais, como ese bordo fino, pechado a man, característico de todas as nosas elaboracións.

As empanadas de Costumes non levan ningún tipo de conservante, grazas ao proceso de ultraconxelación aplicado inmediatamente despois da súa elaboración.

A vosa oferta combina recheos tradicionais con diferentes propostas de mar e terra. Como traballades para manter a esencia da empanada galega e ofrecer novas variedades?

Temos recheos de todo tipo: peixes, carnes, mariscos, vexetais, etc. Todos eles, como mencionamos anteriormente, completamente naturais. Facemos, por exemplo, unha empanada vexetal, elaborada unicamente con verduras, moi demandada e valorada polo crecente mercado de consumidores veganos.

A última novidade que incorporamos, de cecina con queixo de cabra e cebola caramelizada, foi gañadora do primeiro premio nunha cata cega organizada por profesionais da panadaría e da hostalaría, celebrada recentemente en Sevilla.

As empanadas de Costumes non levan ningún tipo de conservante, grazas ao proceso de ultraconxelación aplicado inmediatamente despois da súa elaboración

A conxelación facilita a distribución das vosas empanadas a grande escala. Que importancia ten este proceso para chegar a novos mercados?

O proceso de ultraconxelación é fundamental polas grandes vantaxes que supón para nós, xa que permite ofrecer unha solución de terceira gama (conxelado) nun mercado claramente crecente neste segmento.

En primeiro lugar, a ultraconxelación do produto, inmediatamente despois da súa elaboración artesanal, permite manter intacta a súa calidade inicial ata o momento do seu enfornado e consumo final, incluso meses despois da súa elaboración, sen necesidade de utilizar ningún tipo de conservante.

Este proceso de ultraconxelación é tamén unha garantía de calidade alimentaria, ao evitar a aparición de microorganismos, etc., que puidesen deteriorar o produto, mantendo as empanadas en perfectas condicións durante varios meses.

Desde o punto de vista comercial e loxístico, a conservación do produto mediante ultraconxelación permite o seu transporte e comercialización a calquera lugar. Así, o establecemento comerciante (panadeiro, restaurante, empresa de catering ou establecemento de alimentación en xeral) pode traballalo facilmente, ao dispoñer del no seu punto de venda e poder enfornalo ao longo do día en función da demanda en cada momento.

Moi importante para o comerciante é tamén a ausencia de merma, xa que o produto ten unha vida útil de aproximadamente 72 horas unha vez enfornado, debido á gran calidade das materias primas utilizadas na súa elaboración.

Este aspecto (cero merma) é moi valorado entre os nosos clientes, tanto a nivel nacional como europeo, onde existen leis contra o desperdicio alimentario en varios países. Ademais, permítenos cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da ONU, como, por exemplo, o ODS 12, referente á «Produción e consumo responsables» (ausencia de merma e desperdicio alimentario).

A natureza do produto e a posibilidade de pasar da terceira á quinta gama (unha vez enfornado o produto) no propio punto de venda abren moitas portas á súa versatilidade e facilidade de traballo. As vantaxes sinaladas, como a ausencia de merma e a facilidade de traballo, ademais de ser un produto ideal para o crecente mercado take away ou de comida para levar, e a posibilidade de poder consumilo en moitos momentos diferentes do día (almorzo continental, menú, petisco, evento, campo, praia, etc.), convérteno nunha alternativa moi atractiva para establecementos de panadaría, hostalaría e alimentación en xeral.

Este proceso de ultraconxelación é tamén unha garantía de calidade alimentaria, ao evitar a aparición de microorganismos que puidesen deteriorar o produto

Como valorades iniciativas como o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade, patrocinado pola Deputación da Coruña no marco da campaña A Paisaxe que Sabe, para dar visibilidade aos produtores da provincia e promover a gastronomía galega?

Todo o que sexa promover a divulgación do produto galego valorámolo moi positivamente, pois a súa divulgación xera un retorno para a riqueza do noso país.

Participades no programa Galicia Avanza para impulsar a internacionalización. Que oportunidades vos ofrece e que obxectivos vos marcades nos mercados exteriores?

O programa permitiunos detectar novas oportunidades en diferentes mercados europeos, onde xa estamos presentes en sete países.

Observamos tendencias de consumo nos costumes alimentarios dos europeos que poden significar importantes oportunidades para produtos como o noso. O obxectivo é claramente medrar nestes mercados nos vindeiros anos.

También en TUR43

Foto: Deputación da Coruña.

5 noviembre 2026

Galicia lleva sus productos y su gastronomía a Barcelona para abrir nuevas oportunidades comerciales


Leer más

Foto: Cedida.

3 noviembre 2026

Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»


Leer más
30 octubre 2026

Sor Josefina: «O convento de Santa Bárbara é o corazón da Coruña»


Leer más
Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Volotea regresa al aeropuerto de A Coruña con cinco nuevas rutas nacionales
    6 noviembre 2026
  • Galicia lleva sus productos y su gastronomía a Barcelona para abrir nuevas oportunidades comerciales
    5 noviembre 2026
  • La Costa da Morte instala contadores de turistas para medir la afluencia en sus principales atractivos
    4 noviembre 2026
  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»
    3 noviembre 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»
    3 noviembre 2026
  • 0
    Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»
    31 octubre 2026
  • Sor Josefina: «O convento de Santa Bárbara é o corazón da Coruña»
    30 octubre 2026
  • Nieves Millán: “Nun mercado con moito produto, tes que diferenciarte e apostar sempre pola calidade”
    30 octubre 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}