TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Enogastronomía
  • Sor Josefina: «O convento de Santa Bárbara é o corazón da Coruña»

Sor Josefina: «O convento de Santa Bárbara é o corazón da Coruña»

A irmá responsable do obrador das Clarisas subliña o valor da materia prima local e da tradición artesanal para preservar o sabor máis auténtico da repostería herculina

Rocío Moares

30 octubre, 2026

Sor Josefina, relixiosa das irmás Clarisas e responsable do obrador de repostería do Convento de Santa Bárbara da Coruña, repasa a tradición reposteira de clausura da orde, a calidade da materia prima local e a súa adaptación ás novas tecnoloxías para manter viva unha herdanza de máis de dous séculos.

Nun mercado dominado polas présas e a produción industrial, como manteñen intacta a receita tradicional de doces tan vinculados á cidade herculina como a tarta de améndoa ou as Flores de Santa Clara?

A receita tradicional ten máis de dous séculos. Ímola transmitindo dunhas a outras; aprendemos das maiores. E despois esa receita mantémola. Por exemplo, a tarta de améndoa leva fariña de améndoa, ovo, azucre e raiadura de limón. Esa receita, como a aprendemos, non a quixemos cambiar. O único novo que temos é un obrador, pero a receita mantémola. Queremos que esa tradición non quede no esquecemento e que quen compre os doces sinta que teñen ese sabor de hai 50 ou 100 anos, honrando á Coruña cos produtos artesanais e tradicionais.

Que peso ten a calidade da materia prima local e a elaboración 100% artesanal no resultado final dos seus produtos?

Ese é o segredo. Os provedores, que son da Coruña, provennos de materia prima de moita calidade. Cando tes ese produto, ten que saír ben. Se compras a provedores con cousas baratas para elaborar con présa, non vai quedar como unha receita tradicional. Conservamos os provedores porque A Coruña ten produtos de moita calidade e son moi honestos e respectuosos connosco. Iso axúdanos a que os produtos sigan sendo tradicionais e artesanais.

“A receita tradicional ten máis de dous séculos; ímola transmitindo dunhas a outras”

Ademais da venda presencial, contan tamén con tenda dixital. Como convive a vida contemplativa coa adaptación ás novas formas de chegar ao público que busca produtos de calidade e arraigo local?

Si. Iso fixémolo porque no recuncho onde estamos na Coruña hai xente que sabe ben que estamos aquí rezando, pero a xente de fóra non sabe que tamén elaboramos produtos artesanais. Abrímola para chegar a moita xente e para que, en vez de mercar cousas industriais, poidan seguir desfrutando dese sabor artesanal. Temos páxina web onde a xente pode entrar, facer o seu pedido e nós enviámosllo para que lle chegue o antes posible.

As mostras e feiras de repostería conventual tamén permiten achegar a súa labor á cidadanía. Cales son os produtos máis demandados e que acollida perciben por parte do público?

Os produtos que máis lle gustan ao público son a tarta de améndoa, os amendoados, as Flores de Santa Clara, os Sueños de San José e as cocadas, porque cremos que somos as únicas que os facemos aquí e son os máis vendidos. No Nadal temos os panetones, e en Pascua temos un doce moi especial, a Colomba de San Francisco, que ten forma de cruz e facémola de froita ou de chocolate, rechea.

“Temos páxina web onde a xente pode entrar, facer o seu pedido e nós enviámosllo para que lle chegue o antes posible”

A Deputación da Coruña promove a campaña A Paisaxe que Sabe, presente no Circuíto TUR 43 Galicia Calidade, para poñer en valor a gastronomía e os produtos de calidade da provincia. Como valoran este tipo de iniciativas institucionais para dar a coñecer o traballo dos obradores e da repostaría artesanal da nosa terra?

Nós sempre nos sentimos fillas da Coruña e pedimos moito polas súas intencións. Agradecémosllo moito porque dan a coñecer os nosos produtos. Eu considero que o convento de Santa Bárbara é o corazón da Coruña. Valoramos moito que recoñezan o traballo que facemos aquí oculto, en silencio, rezando; nós non escollemos quen é mellor ou peor, rezamos por todos. Como din, ora et labora: rezamos e traballamos porque precisamos comer e pagar gastos, así que agradecemos moito que poñan en valor o traballo que facemos aquí e que se honre este convento.

También en TUR43

Foto: Deputación da Coruña.

5 noviembre 2026

Galicia lleva sus productos y su gastronomía a Barcelona para abrir nuevas oportunidades comerciales


Leer más

Foto: Cedida.

3 noviembre 2026

Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»


Leer más

Foto: Cedida.

31 octubre 2026

Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Volotea regresa al aeropuerto de A Coruña con cinco nuevas rutas nacionales
    6 noviembre 2026
  • Galicia lleva sus productos y su gastronomía a Barcelona para abrir nuevas oportunidades comerciales
    5 noviembre 2026
  • La Costa da Morte instala contadores de turistas para medir la afluencia en sus principales atractivos
    4 noviembre 2026
  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»
    3 noviembre 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»
    3 noviembre 2026
  • 0
    Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»
    31 octubre 2026
  • Sor Josefina: «O convento de Santa Bárbara é o corazón da Coruña»
    30 octubre 2026
  • Nieves Millán: “Nun mercado con moito produto, tes que diferenciarte e apostar sempre pola calidade”
    30 octubre 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}