TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Entrevistas TUR 43
  • Victorino Pedrosa: «Coidamos moito a imaxe e a presentación, porque sabemos que ‘primeiro se come cos ollos'»

Victorino Pedrosa: «Coidamos moito a imaxe e a presentación, porque sabemos que ‘primeiro se come cos ollos'»

O delegado de Produción e Ventas de Casa da Avoa é o responsable da aposta da marca por combinar os sabores tradicionais coa innovación

Lidia Fernández

8 octubre, 2025

Victorino Pedrosa forma parte da terceira xeración de Casa da Avoa, unha empresa dedicada á elaboración de produtos cárnicos de calidade e gourmet. A reconversión fixérona hai unha década, da man, precisamente, deste emprendedor, que decidiu tomar o relevo do seu pai e do seu avó, e continuar coa tradición familiar.

Non obstante, Pedrosa era consciente das dificultades que implicaba sacar adiante unha empresa destas características no mercado actual, polo que apostou por dárlle un cambio de imaxe a Casa da Avoa, defendendo por enriba de todo a calidade, o sabor, pero tamén a necesidade de crear un packaging atractivo, que contase unha historia que os compradores puidesen sentir como propia. Así naceu a nova e mellorada Casa da Avoa, un proxecto persoal que está chegando a mercados e feiras gastronómicas de todo o país.

Un dos últimos eventos nos que participaron foi o Mercado de Produtores, organizado pola Deputación da Coruña, en colaboración co Circuito de Golf e Croquet TUR 43, e que se celebrou o pasado 19 de setembro no hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela.

Como produtor, que che aporta participar nun evento que une deporte e promoción de produtos galegos?

Pois, en principio, parécenos unha moi boa idea. Todo o que sexa dar a coñecer e promocionar produtos feitos de forma artesanal e con coidado pola calidade, parécenos moi positivo. E se ademais se combina cun evento deportivo e cun público tan variado, o impacto aínda é maior. É un escaparate excelente.

Nesta edición do V Circuíto de Golf e II de Croquet TUR 43 celébrase por primeira vez un mercado de produtores. Vedes esta proposta como unha boa oportunidade para chegar a novos públicos?

Sen dúbida. A final reunirá a moita xente, non só xogadores, senón tamén acompañantes e público en xeral. Parécenos unha idea moi acertada que se invite a outros produtores a participar, mesmo aqueles que non estiveron presentes nos campos durante o resto do circuíto. É unha maneira de achegar os produtos a potenciais clientes nun contexto diferente.

Todo o que sexa dar a coñecer e promocionar produtos feitos de forma artesanal e con coidado pola calidade, parécenos moi positivo

Pensas que eventos como este poden complementar ou mesmo mellorar as feiras profesionais máis tradicionais?

Si, porque aquí tes unha relación directa co consumidor. Podes explicar como se elabora o produto, que ingredientes leva, cal é a filosofía da marca… E tamén recibes o seu feedback: que lles parece o sabor, a presentación, o formato… É unha forma moi enriquecedora de interactuar, tanto co público como con outros produtores. Ademais, é un ambiente máis relaxado e próximo.

Participastes noutras iniciativas de promoción impulsadas pola Deputación?

Si, xa levamos varios anos participando. Por exemplo, estivemos no Festival da Luz, en Boimorto, tamén da man da Deputación. No noso caso, é o segundo ou terceiro ano que colaboramos, e sempre quedamos moi contentos coa experiencia.

Falando do voso traballo, que tipo de produtos elaborades e que vos diferencia doutros?

Somos Casa da Avoa, unha marca que elabora produtos cárnicos en conserva, tipo gourmet. Temos tanto embutidos como outras elaboracións un pouco diferentes, que procuran saír do máis tradicional sen perder a esencia. Coidamos moito a imaxe e a presentación, porque sabemos que “primeiro se come cos ollos”. Pero tamén buscamos combinacións de sabores innovadoras, sen renunciar ao sabor auténtico de sempre.

O Mercado de Produtores é unha forma moi enriquecedora de interactuar, tanto co público como con outros produtores

Buscades entón atraer tanto a consumidores tradicionais como a un público novo?

Exacto. A verdade é que nos sorprendeu ver como tamén a xente maior, acostumada ao máis tradicional, acepta perfectamente os nosos produtos. Conseguimos manter o sabor de sempre, pero cun toque actual, e iso gusta a todas as idades.

Que vantaxe ves en participar nun evento onde hai produtores de distintos sectores?

Pois sempre digo que cantos máis sexamos, mellor. A xente móvese por espazos onde hai variedade. E ao mesmo tempo, entre nós, aprendemos moito uns dos outros. Sempre colles ideas, compartes experiencias… Ao final créase unha pequena comunidade. No noso caso, levamos xa 11 anos neste sector e coñecemos a moita xente. Moitos dos que están aquí xa son compañeiros habituais, e mesmo amigos.

Conseguimos manter o sabor de sempre, pero cun toque actual, e iso gusta a todas as idades

Para rematar, que cres que é o que máis valoran os consumidores dos vosos produtos?

Sen dúbida, a combinación de calidade, presentación e innovación. Coidamos moito o que facemos, e iso nótase. Buscamos diferenciarnos nun sector moi tradicional como é o dos embutidos, pero sen perder o respecto polo sabor de sempre.

También en TUR43

12 junio 2026

Guillermo Navarro: «Una de las grandes fortalezas del croquet es que es un deporte verdaderamente inclusivo»


Leer más

Foto: Adobe Stock

10 junio 2026

Galicia busca al Mejor Cocinero de Tapas 2026 en una nueva edición de ‘Siete ciudades, Siete sabores’


Leer más
9 junio 2026

Paderne impulsa el enoturismo local con la III Feira do GastroLexítimo, dedicada al Branco Lexítimo


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Guillermo Navarro: «Una de las grandes fortalezas del croquet es que es un deporte verdaderamente inclusivo»
    12 junio 2026
  • Vilanova dos Infantes recibe el distintivo de ‘Los Pueblos Más Bonitos de España’ y refuerza el turismo rural
    11 junio 2026
  • 0
    Galicia busca al Mejor Cocinero de Tapas 2026 en una nueva edición de ‘Siete ciudades, Siete sabores’
    10 junio 2026
  • Paderne impulsa el enoturismo local con la III Feira do GastroLexítimo, dedicada al Branco Lexítimo
    9 junio 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Guillermo Navarro: «Una de las grandes fortalezas del croquet es que es un deporte verdaderamente inclusivo»
    12 junio 2026
  • Santiago Villanueva: «Eventos como el Circuito TUR 43 Galicia Calidade son una magnífica herramienta de promoción para la Ribeira Sacra»
    5 junio 2026
  • Xosé Regueira: «A eclipse é unha oportunidade única de proxección internacional»
    23 abril 2026
  • Carmen Sánchez: “Todo o que sexa divulgación e promoción para os nosos produtores é magnífico”
    23 octubre 2025
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}