TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Entrevistas TUR 43
  • Xosé Merelles: «Cada Xacobeo supón un reto en si mesmo»

Xosé Merelles: «Cada Xacobeo supón un reto en si mesmo»

O director da Axencia Turismo de Galicia pón en valor a colaboración co Circuíto TUR 43, que levou a marca país Galicia Calidade por bandeira

Fotos: Yanka Soto.

Lidia Fernández

22 octubre, 2026

O turismo deportivo gaña peso na estratexia turística de Galicia como vía para atraer visitantes de maior valor engadido, desestacionalizar a demanda e diversificar a oferta. Neste ámbito, o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade, que contou un ano máis co respaldo de Turismo de Galicia e levou o selo Galicia Calidade a todos os campos nos que se disputou, contribúe á promoción do territorio a través do golf e o croquet. Xosé Merelles, director da Axencia Turismo de Galicia, aborda tamén os retos do Xacobeo 2027 e a aposta por un modelo turístico sostible e equilibrado.

Turismo de Galicia colabora co Circuíto TUR 43 Galicia Calidade, que este ano levou a marca Galicia Calidade a todos os campos nos que se disputou. Que valor ten para Turismo de Galicia vincular esta marca país cun circuíto de golf e croquet?

Galicia Calidade alude a unha filosofía relacionada con valores como a excelencia, o coidado polo detalle e a orixe e a terra como emblema, referencia e garantía na elección. Vincularse co Circuíto TUR 43 permítenos chegar a ambientes e esferas onde ver esta marca non era tan habitual como ata agora. Ademais, ao tratarse de deportes e eventos deportivos asociados a un turismo de alto poder adquisitivo, incrementa o valor engadido deste tipo de visitante para o territorio.

Outro extra é, sen dúbida, o feito de que o Circuíto non se limitou a unha proba, senón que tivo cita en seis puntos distintos de Galicia, Asturias e Portugal. Isto garante unha presenza máis ampla, con visibilidade repetida e itinerante.

Ambas disciplinas estanse a consolidar como un segmento turístico con capacidade para atraer visitantes e contribuír á desestacionalización. Que papel pode xogar Galicia neste ámbito e que potencial lle queda aínda por desenvolver?

Precisamente a desestacionalización da oferta é un dos eixos sobre os que se basea a Estratexia de Turismo de Galicia 2030, na que estamos a traballar ao longo do 2026. Galicia ofrece espazos e condicións idóneas para facilitar estes deportes, que se poden xogar en calquera época do ano, sen depender exclusivamente do bo tempo do verán.

Desde Turismo de Galicia estase a promover o turismo deportivo como unha das áreas con maior potencial de xeración de fluxos turísticos. Unha aposta baseada en datos: o gasto medio diario deste tipo de turista é de 116€ por persoa e día, case o dobre da media xeral. Segundo a Enquisa de Turismo de Residentes de 2025, o turismo deportivo mobilizou 118.000 turistas, un segmento que representa un gasto total de 31M€.

Co seu patrimonio natural, Galicia é un escenario por aproveitar para o golf, con propostas ademais abertas a paquetes combinados como é o Iberik Augas Santas Balneario & Golf, en Pantón, onde se desenvolveu unha das probas do Circuíto, que combina termalismo e golf; ou propostas que vinculan o deporte coa cultura enogastronómica da rexión.

A desestacionalización da oferta é un dos eixos sobre os que se basea a Estratexia de Turismo de Galicia 2030

Este ano participou na cea posterior á Gran Final do Circuíto TUR 43 Galicia Calidade, celebrada o pasado 26 de setembro, e foi o encargado de entregar o premio ao gañador de golf. Como viviu esta xornada e que valoración fai da experiencia?

É unha experiencia especial a varios niveis. Por unha banda, é unha honra a nivel persoal dar o recoñecemento ao gañador da primeira categoría, Antón Viñuela Alonso, e compartir con el e co resto de participantes e a organización a conclusión de tantos meses de esforzo. Ademais, a nivel institucional, como representante de Turismo de Galicia, é un orgullo ver o resultado dun evento que pon en valor a nosa terra, escollendo tres localizacións en Galicia das seis en total que ten o circuíto, levando o nome Galicia Calidade por bandeira.

O circuíto combina deporte, turismo e promoción do territorio. Que achega este tipo de iniciativas á hora de dar a coñecer Galicia como destino turístico?

Permite chegar a través de canles non habituais a distintos públicos: funciona como escaparate da nosa terra e serve para promocionar o territorio. Ademais, ao non limitarse a unha única localización e pasar por tres espazos (Real Aeroclub de Santiago, en Ames; Real Club de Golf de La Coruña; e Iberik Augas Santas Balneario & Golf de Pantón) da a coñecer distintos concellos e provincias, o que encaixa coa nosa Estratexia 2030 no que se refire á distribución territorial.

Co seu patrimonio natural, Galicia é un escenario por aproveitar para o golf

A presenza de Galicia Calidade en todos os campos do circuíto permitiu trasladar os valores asociados á marca —calidade, excelencia e produto galego— a diferentes territorios. Que importancia ten esta visibilidade para a promoción turística de Galicia?

Ter esta visibilidade en distintas localizacións e nunha contorna tan específica como son as do mundo do golf e o croquet permite chegar a novos públicos, como xa comentamos, pero ademais o deseño do circuíto permite alcanzar a público internacional, ao ter unha proba en Portugal. A internacionalización do turismo é precisamente outro dos puntos recollidos na Estratexia 2030, un dos que máis está medrando.

Só hai que comprobar os datos deste verán, cando o turismo internacional representou xa o 22 % das pernoctacións, a maior cota da serie histórica cun 13 % máis que en 2025. E un fito especial: por primeira vez, o turismo internacional superou o millón de noites nun verán, con preto de 1,1 millóns de noites. Máis de 658.000 turistas internacionais pasaron por Galicia entre xullo e agosto. Precisamente, Portugal é un dos principais emisores de turismo, polo que celebrar unha proba neste territorio pode ter un valor especial como captador de visitantes deste nicho.

Estamos xa a poucos meses do Xacobeo 2027. Que balance fai Turismo de Galicia do comportamento do turismo e da chegada de peregrinos neste 2026, e que previsións manexan de cara ao próximo Ano Santo?

Un balance positivo. A menos de tres meses do Ano Santo 2027, xa superamos as 500.000 Compostelas recollidas, superando as cifras do ano pasado. E sabemos que non todas as persoas que fan o Camiño recollen a certificación; grazas aos sensores que colocamos nas distintas rutas, estimamos que pasan arredor de 1,65 persoas por cada Compostela emitida. As nosas previsións apuntan a un crecemento continuado, na liña do experimentado nos últimos anos, que será especialmente acentuado polo propio efecto do próximo Xacobeo 2027. Ademais, a súa chegada é cada vez máis repartida durante o ano e nas diferentes rutas xacobeas.

A menos de tres meses do Ano Santo 2027, xa superamos as 500.000 Compostelas recollidas

Que retos supón para Galicia preparar un Xacobeo como o de 2027, especialmente á hora de xestionar o incremento previsto de peregrinos e garantir unha experiencia de calidade e sostible ao longo dos Camiños?

Malia que desde Galicia xa demostramos non só a capacidade de xestionar o fluxo de turismo que supón un Ano Santo, senón incluso de superar circunstancias adversas como a pandemia do ano 2020, o certo é que cada Xacobeo supón un reto en si mesmo. Un que comeza moito antes de que se abra a Porta Santa, xa que levamos meses, anos incluso, traballando na planificación do Xacobeo 2027.

Así se comproba co Plan Director dos Camiños de Santiago, no que estruturamos a xestión das principais rutas xacobeas e da rede de albergues para avanzar na promoción; ou o Plan Director de Patrocinios do Xacobeo 2027, que establece mecanismos de selección e avaliación de proxectos con criterios de impacto cultural, social e económico, para avanzar na programación asociada ao Ano Santo. Nesta última liña, cabe tamén destacar a convocatoria O teu Xacobeo, que garante un programa variado, que chegue a todo o territorio galego.

Estes mecanismos contemplan a xestión do incremento previsto de visitantes e a garantía dunha integración sostible do turismo. Ademais, na liña do proposto na Estratexia 2030, desde Turismo de Galicia estase a traballar na diversificación de itinerarios. Unha labor que xa está a dar froito: pese a que o Camiño Francés segue a erixirse como a ruta máis elixida, con preto do 43 % das peregrinacións, o seu peso está a diminuír en favor doutros itinerarios, como o Camiño Portugués ou a súa variante pola Costa, o que axuda a evitar que a presión turística se concentre nunha única ruta. Tamén na desestacionalización, promovendo a peregrinación non só en verán.

Co Plan Director dos Camiños de Santiago estruturamos a xestión das principais rutas xacobeas e da rede de albergues para avanzar na promoción

De cara ao futuro, que obxectivos se marca Turismo de Galicia para seguir diversificando a oferta turística —a través do golf, o turismo deportivo e outras experiencias— e consolidar Galicia como destino de calidade?

O golf axuda a diversificar e desestacionalizar. O obxectivo principal é medrar desde un modelo sostible, no que o turismo é un elemento de dinamización económica respectuoso co medio ambiente e coa poboación local. Que a nosa terra sexa valorada e apreciada como se merece e que os valores que temos (a hospitalidade, a autenticidade, a calidade) sexan os elementos que nos diferencien doutras propostas.

También en TUR43

Foto: Deputación da Coruña.

5 noviembre 2026

Galicia lleva sus productos y su gastronomía a Barcelona para abrir nuevas oportunidades comerciales


Leer más

Foto: Cedida.

3 noviembre 2026

Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»


Leer más

Foto: Cedida.

31 octubre 2026

Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Volotea regresa al aeropuerto de A Coruña con cinco nuevas rutas nacionales
    6 noviembre 2026
  • Galicia lleva sus productos y su gastronomía a Barcelona para abrir nuevas oportunidades comerciales
    5 noviembre 2026
  • La Costa da Morte instala contadores de turistas para medir la afluencia en sus principales atractivos
    4 noviembre 2026
  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»
    3 noviembre 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Elías Seoane: «O obxectivo principal é que o noso mel sexa un reflexo da paisaxe e do noso territorio»
    3 noviembre 2026
  • 0
    Paco Fraga: «A esencia da nosa empanada baséase no seu proceso de elaboración manual»
    31 octubre 2026
  • Sor Josefina: «O convento de Santa Bárbara é o corazón da Coruña»
    30 octubre 2026
  • Nieves Millán: “Nun mercado con moito produto, tes que diferenciarte e apostar sempre pola calidade”
    30 octubre 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}