TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Eventos
  • O Mercado dos Faros: a nova proposta comercial e de ocio recala na Coruña

O Mercado dos Faros: a nova proposta comercial e de ocio recala na Coruña

Esta iniciativa busca poñer en valor e dar visibilidade á figura emblemática dos faros no ideario galego, así como ás marcas vinculadas ao mar

Foto: Adobe Stock

Lidia Fernández

27 octubre, 2025

En Galicia existen 44 faros que van dende a milenaria Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade, ata Silleiro, pasando polas Cíes, Corrubedo, o Semáforo de Fisterra, Vilán, Prior, Ortegal, ou a Illa Pancha. Así, sendo a principal comunidade española en número de faros, nunca xurdiu a necesidade de poñer en valor estas guías lumínicas, e menos se asociou a súa importancia co servizo que levan séculos prestando ás cidades que viven ao amparo das súas luces protectoras.

É precisamente por esta falta de reivindicación do que xa é todo un referente da tradición secular de Galicia polo que dende Océano Azul Comunicación deseñaron un mercado que levará a moitas cidades os elementos máis sorprendentes que combinan o urbano-rural e a cultura náutica.

Así pois, o nomeado Mercado dos Faros é unha innovadora iniciativa que xorde da necesidade de revalorizar os faros como vestixio do patrimonio histórico, social e cultural da comunidade, invitando a firmas, marcas e produtores que se enmarquen dentro dos valores que defende este mercado, a participar e dar visibilidade tamén aos seus produtos.

O evento terá lugar o próximo 1 de novembro no Hotel NH Collection Finisterre da Coruña, que abrirá as súas portas de 12.00 a 21.00 horas para todos aqueles que queiran coñecer máis en profundidade a historia dos faros de Galicia, que se atoparán cun programa de actividades moi completo. O Mercado dos Faros contará con postos de artesanía, de alimentación, de complementos e de arte, que ampliarán e enriquecerán a oferta dunha xornada que pón o foco na divulgación, pero tamén na colaboración sectorial.

O evento terá lugar o próximo 1 de novembro no Hotel NH Collection Finisterre da Coruña, que abrirá as súas portas de 12.00 a 21.00 horas

Así pois, o Mercado dos Faros xurdiu tamén para poñer en valor un selecto número de marcas galegas, asociándoas simbolicamente coa figura dos Faros. Dentro destas marcas atópanse exemplos de gastronomía, deseño téxtil e complementos, pero tamén artesanía, complementos do fogar… en xeral, todas aquelas propostas que teñan relación ou estean vinculadas dun ou outro xeito co mar.

Concurso de arte

De igual forma, o Mercado dos Faros busca fomentar a cultura e a arte, cun certame de pintura rápida do faro protagonista: a Torre de Hércules. Cada participante deberá presentar o lenzo para cuñalo a partir das 11.00 horas, e deberá entregar a súa obra antes das 15.00 horas no propio Hotel NH Finisterre. Todos os debuxos serán expostos a partir das 17.00 horas para poder participar na votación, que correrá a cargo dun xurado profesional e tamén do voto popular.

A entrega de premios será ás 18.30 horas e, a partir de aí, cada autor poderá poñer un prezo á súa obra, permanecendo aberto o «mercado da arte» ata as 21.00 horas. Os galardóns desta actividade artística son: 150 euros para o gañador; unha tarxeta regalo de Jasp Art 120 euros para o segundo clasificado; e unha tarxeta regalo de Jasp Art de 80 euros para o terceiro clasificado.

O Mercado dos Faros busca fomentar a cultura e a arte, cun certame de pintura rápida do faro protagonista: a Torre de Hércules

Tamén haberá espazos para poder comprar e coñecer os produtos expostos de primeira man, con música en directo. E, a xoia da coroa, ofreceranse paseos ata o Faro para remarcar a emblemática figura dos mesmos e poder coñecer a contorna da Torre de Hércules en maior profundidade. Esta visita terá un aforo máximo de 20 prazas, e sairá do NH Finisterre nunha espectacular ruta guiada ata o faro protector da cidade herculina. Tamén se obsequiará cunha entrada á Torre de Hércules aos participantes.

A inscrición é gratuíta, e poderá realizarse a través da páxina web. Baixo o lema «A mirada da Torre», o Mercado dos Faros remarca e pón en valor a contorna da Torre de Hércules, escenario que centrará esta xornada e que impregnará todas e cada unha das actividades que se organicen no marco desta particular iniciativa de promoción e difusión turística, que conta co apoio da Xunta de Galicia; Turismo de Galicia; a Deputación da Coruña, coa «Paisaxe que Sabe» e o Mercado da Deputación da Coruña; e Turismo da Coruña; e Cuarenta & Cuatro Faros.

También en TUR43

10 septiembre 2026

Vidago pone el punto final a la fase clasificatoria del Circuito TUR 43 Galicia Calidade


Leer más

Fotos: Cedidas

8 septiembre 2026

Recorda Fest 2026: una edición para el «recordo»


Leer más
7 septiembre 2026

La Barganiza acelera la carrera hacia la Gran Final del Circuito TUR 43 Galicia Calidade


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Vidago acoge este sábado la última batalla para la Gran Final del Circuito TUR 43 Galicia Calidade
    11 septiembre 2026
  • Vidago pone el punto final a la fase clasificatoria del Circuito TUR 43 Galicia Calidade
    10 septiembre 2026
  • ‘Con Cuncha’ pone el foco en el sello que identifica la calidad de los productos y servicios gallegos
    9 septiembre 2026
  • Recorda Fest 2026: una edición para el «recordo»
    8 septiembre 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Pablo Blanco: «El golf y el croquet son una excelente puerta de entrada para descubrir Asturias»
    4 septiembre 2026
  • Silvina B. Muñoz: «En Algareira cremos que cada elaboración debe transmitir emoción e deixar un recordo»
    11 agosto 2026
  • 0
    Leo Bellas: «Lenatt é unha marca comprometida coa calidade, a innovación e o sabor»
    4 agosto 2026
  • Gisela e Pablo Suárez: «O noso principal valor diferencial é a honestidade»
    22 julio 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}