TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Destinos
  • Ferrolterra é moito máis que un destino: é unha maneira de sentir

Ferrolterra é moito máis que un destino: é unha maneira de sentir

Este xeodestino está gañando tracción entre os visitantes pola calidade da súa oferta turística, que pón en valor a gastronomía e a cultura

Foto: Santo Andrés de Teixido e Serra da Capelada (Deputación da Coruña)

Lidia Fernández

16 julio, 2025

Hai lugares que se viven co corpo, coa alma e co padal. Ferrolterra é un deles. Ao norte de Galicia, na provincia da Coruña, este recuncho do mundo esténdese por 20 concellos —Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior— ofrecendo unha mestura irresistible de historia, paisaxe e sabor.

Un xeodestino que convida a explorar sen présa, onde cada camiño leva a unha descuberta, cada recuncho fala dunha identidade propia, e cada encontro coa xente local enriquece a experiencia.

Un territorio cun pasado que latexa

Neste lugar, a historia non dorme nos libros. En Ferrol, o mar foi testemuña de séculos de vida naval e cultural. O Barrio da Madalena, coa súa simetría ilustrada do século XVIII, convive co Museo Naval, onde cada peza conta parte da tradición mariñeira da cidade. E cando se chega ás fortalezas de San Felipe e da Palma, non só se contempla a ría: revívese o seu pasado defensivo e estratéxico.

Non obstante, se por algo destaca a cidade ferrolá é pola súa Semana Santa. Tradición, relixión e paixón en estado puro que se dan cita todos os anos nunha Festa de Interese Turístico Nacional, congregando a fieis, crentes e visitantes que se achegan para coñecer unha das celebracións máis arraigadas na sociedade, e máis valoradas polo profundo significado que agocha.  

Pero a historia vai máis alá dos grandes monumentos. Está tamén nas pequenas igrexas rurais, nas ruínas de antigos muíños, como os de Vilarmaior; nos castros e cruceiros esquecidos que se agochan nos montes, como os de As Somozas; e nos camiños de pedra que aínda lembran o paso dos peregrinos. É unha memoria viva, transmitida a través das festas, das lendas e do saber popular que aínda resiste nas aldeas.

Se por algo destaca a cidade ferrolá é pola súa Semana Santa. Tradición, relixión e paixón en estado puro que se dan cita todos os anos nunha Festa de Interese Turístico Nacional

O Mosteiro de Caaveiro (A Capela) emerxe no corazón das Fragas do Eume coma un segredo de pedra no medio do verde infinito. Un lugar de silencio, onde o tempo semella deterse e a espiritualidade da natureza e da arquitectura conviven en harmonía. O Mosteiro Monfero, pola súa banda, garda un enigma na súa fachada axadrezada, que hipnotiza aos que se achegan a contemplala con ollos curiosos.

A historia defínenos. É o reflexo do que fomos, pero tamén do que podemos chegar a ser. Moeche ten unha parte do seu patrimonio enclavado no século XIV, co seu castelo, que evoca a outros tempos, en concreto, ao das Revoltas Irmandiñas, cunha festa que conmemora o espírito de dito movemento social; ou o castelo dos Andrade, sinal inequívoca do feudalismo en Pontedeume.

Nas rías e vilas costeiras, o legado mariñeiro permanece vivo. En Cedeira, Mugardos, Ares ou Pontedeume, o día a día segue ligado ao mar, ás redes, ás barcas, aos sabores salgados e á memoria colectiva. É unha cultura que se transmite de xeración en xeración, cos pés mollados e as mans salgadas.

Semana Santa de Ferrol. Foto: Deputación da Coruña.

Natureza que abraia e transforma

Pero se algo define a Ferrolterra é a súa paisaxe, que muda e sorprende. Na Serra da Capelada, a Garita de Herbeira levántase, impasible, ante o océano dende os acantilados máis altos da Europa continental. Un espectáculo que impón e deixa sen alento, onde o vento fala e o horizonte parece non ter fin.

Hai tamén recunchos de calma, como as lagoas de Doniños e A Frouxeira (Valdoviño), espellos de tranquilidade rodeados de biodiversidade. Refuxios naturais para aves migratorias, pero tamén para quen busca descanso á beira da auga, que atopará na fervenza do río Belelle, en Fene.

O Faro de Estaca de Bares, no límite de Mañón, marca un punto mítico: o encontro do Cantábrico e o Atlántico

E para quen anhela praias de contrastes, Ferrolterra ofréceas todas: dende a forza atlántica de Pantín (Valdoviño), que acolle eventos internacionais de surf, ata os areais máis recollidos nas rías de Ares e Cedeira, onde a brisa é suave e o tempo adquire outra cadencia.

Cariño, pola súa banda, é beleza salvaxe e agreste en estado puro. O emblemático Cabo Ortegal é o segundo máis setentrional da Península Ibérica, e preside o Atlántico de maneira impoñente, dende as alturas.

O Faro de Estaca de Bares, no límite de Mañón, marca un punto mítico: o encontro do Cantábrico e o Atlántico. Un lugar cargado de simbolismo e de gran atractivo visual. E no interior, as Fragas do Eume, no municipio de Cabanas, estenden os seus sendeiros entre carballos, augas e lendas. Un espazo protexido que se percorre como se se entrase noutro tempo.

Surfista na praia de Pantín, en Valdoviño. Foto: Deputación da Coruña.

Sabores que contan historias

A gastronomía aquí é memoria comestible. Os percebes de Cedeira, arrancados coas mans do mar, son un bocado do Atlántico. En Mugardos, o polbo prepárase con mestría e carácter, como manda a tradición. E o mellor xeito de saborealo é en boa compañía.

Pontedeume ten a súa propia xoia gastronómica: a costrada, moi semellante a unha empanada, herdanza medieval que xa se cociñaba en Caaveiro. Un prato que leva historia entre capa e capa. En Neda, o pan é máis que alimento: é historia amasada dende os tempos de Felipe II. Cada setembro, a Festa do Pan honra esta tradición cunha celebración de sabor e identidade propia.

A gastronomía aquí é memoria comestible. Os percebes de Cedeira, arrancados coas mans do mar, son un bocado do Atlántico

Os grelos son outro dos pratos típicos deste xeodestino. Os de Cerdido destacan pola intensidade do seu sabor, directos da horta, mentres que os de Monfero teñen o seu propio festexo. En San Sadurniño, a chanfaina engade un toque de intensidade ás festas locais. E aínda hai máis: empanadas recheas de produtos do mar, caldos reconfortantes, queixos artesáns, mel das montañas… sen esquecer os pementos do Couto, con IXP, que se poden degustar todos os anos na Festa Gastronómica do Pemento do Couto (Narón). Todo en Ferrolterra sabe a terra e a autenticidade.

Mosteiro de Caaveiro (A Capela). Foto: Deputación da Coruña.

Cultura que vibra no presente

Ferrolterra non só conserva a súa cultura: celébraa. A Romaría da Fraga das Pontes de García Rodríguez, cada 25 de xullo, e o Oenach Atlántico de Narón, tamén en xullo, son vivo exemplo disto. Pola súa banda, o Festival Celta de Ortigueira está declarado Festa de Interese Turístico Internacional, e consagrouse como un punto de encontro para milleiros de persoas que veñen escoitar gaitas, bailar e mergullarse nunha atmosfera única de tradición e modernidade.

E se hai un lugar onde se mesturan a espiritualidade e a natureza, ese é Santo Andrés de Teixido, en Cedeira. Peregrinación obrigatoria, viva ou posmortem segundo a lenda (“vai de morto o que non foi de vivo”) leva ao camiñante por sendas de beleza salvaxe e maxia antiga. O camiño está cheo de simbolismo, e dunha calma silenciosa, que invita á desconexión. E cando se chega ao santuario, compréndese por que tantos volven unha e outra vez.

Lugar de peregrinación

E seguindo coa peregrinación relixiosa, tanto a cidade de Ferrol como a da Coruña son puntos de partida do coñecido Camiño Inglés, que discorre polo norte da provincia para xuntarse nos arredores de Mesía, dende onde continúa a travesía ata Santiago de Compostela.

E se hai un lugar onde se mesturan a espiritualidade e a natureza, ese é Santo Andrés de Teixido, en Cedeira. Peregrinación obrigatoria, viva ou posmortem segundo a lenda

Pegadas no chan e bágoas de alegría ao chegar ao Obradoiro marcan o compás dos peregrinos que deciden emprender a aventura das súas vidas. Tradicionalmente unha ruta escollida polos ingleses (de aí o seu nome) que na actualidade vai gañando máis e máis visitantes debido á beleza das súas paisaxes e á afabilidade das súas xentes. 

Un destino para saborear a vida con calma

Así pois, Ferrolterra encaixa á perfección coa filosofía do turismo slow. Aquí a viaxe non é unha carreira, senón unha experiencia. Nesta terra, cada vila ten algo que contar. Cada festa, prato e paisaxe é un espello da Galicia máis auténtica. Ferrolterra é moito máis que un destino: é unha maneira de sentir o norte, de vivir a identidade galega dende dentro. Un lugar que deixa pegada, que se leva na pel e na lembranza. Porque aquí, todo convida a quedar… ou a volver.

También en TUR43

Foto: Turismo de Galicia

14 julio 2026

El Xacobeo 2027 reivindicará la acogida como seña de identidad de Galicia


Leer más

Fotos: Adobe Stock

13 julio 2026

El eclipse solar del 12 de agosto dispara las reservas anticipadas en los campings


Leer más

Foto: Clúster Turismo de Galicia

10 julio 2026

El Clúster Turismo de Galicia consolida en 2025 su apuesta por la innovación y la promoción internacional


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Os Xoves de Códax regresan con cinco conciertos solidarios
    16 julio 2026
  • Galicia forma a medio centenar de docentes de la diáspora
    15 julio 2026
  • El Xacobeo 2027 reivindicará la acogida como seña de identidad de Galicia
    14 julio 2026
  • El eclipse solar del 12 de agosto dispara las reservas anticipadas en los campings
    13 julio 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Arturo Zarauza: «Es un orgullo habernos consolidado en un Circuito del prestigio de TUR 43 Galicia Calidade»
    16 junio 2026
  • Guillermo Navarro: «Una de las grandes fortalezas del croquet es que es un deporte verdaderamente inclusivo»
    12 junio 2026
  • Santiago Villanueva: «Eventos como el Circuito TUR 43 Galicia Calidade son una magnífica herramienta de promoción para la Ribeira Sacra»
    5 junio 2026
  • Xosé Regueira: «A eclipse é unha oportunidade única de proxección internacional»
    23 abril 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}