TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Entrevistas TUR 43
  • Gerardo Velando: “O cliente valora en Raizame o incrible sabor das nosas elaboracións”

Gerardo Velando: “O cliente valora en Raizame o incrible sabor das nosas elaboracións”

Redacción

20 octubre, 2025

Raizame é unha empresa familiar creada da ilusión compartida por desenvolver un proxecto en común. A empresa naceu en Meirás, no concello coruñés de Valdoviño, impulsada polos irmáns Velando. Todo comezou cunha receita caseira, que serviu de punto de partida para crear unha marca cunha identidade propia. A partir de aí, foron dándolle forma ao seu soño. Gerardo Velando conta con formación en repostaría e ampla experiencia en pastelerías e restaurantes. Os seis irmáns converteron este proxecto nunha paixón: a elaboración artesanal de doces, galletas e pastas cun forte vencello co territorio.

Os produtos de Raizame son elaborados de forma artesanal, con ingredientes de sempre, sen aditivos nin conservantes, e destacan polo seu sabor intenso, pola coidada selección de materias primas e pola súa presentación sinxela pero elegante. Traballan con mimo cada detalle para ofrecer produtos que evoquen os sabores de toda a vida, mantendo como valores fundamentais a honestidade, a paixón e o respecto pola tradición reposteira galega.

Raizame conseguiu levar os seus doces a tendas delicatessen de toda Galicia, grazas á calidade dos seus produtos e ao coidado posto en cada elaboración. Un dos máis destacados é o Meiriño, un doce con base de fariña de améndoa e marmelo natural, cuberto cun glaseado de limón, que rende homenaxe á súa terra natal, Meirás.

O pasado 19 de setembro, Raizame participou no Mercado de Produtores organizado no marco do Circuíto de Golf e Croquet TUR 43, en colaboración coa Deputación da Coruña, que se celebrou no hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela. Alí, os participantes degustaron os doces tradicionais de Raizame, que transmiten sabor, memoria e identidade.

Que supón para Raizame participar no Mercado de Produtores enmarcado no Circuíto de Golf e Croquet TUR 43, que atrae a xogadores do norte de España e Portugal?

Nós, como produtores galegos, sentímonos orgullosos de dar a coñecer a gastronomía local a través das nosas elaboracións.

Cal cre que é a importancia de iniciativas como este Mercado organizado en colaboración coa Deputación da Coruña á hora de dar a coñecer os produtos gastronómicos da provincia?

Son iniciativas moi importantes porque poñen en valor e axudan a coñecer o traballo dos produtores artesáns. Estes proxectos fomentan o consumo local e dan visibilidade á calidade dos produtos que se elaboran na provincia da Coruña.

“Sentímonos orgullosos de dar a coñecer a gastronomía local a través das nosas elaboracións”

Raizame xa participara algunha vez nalgún destes proxectos da Deputación da Coruña?

Xa participaramos con anterioridade en proxectos da Deputación e sempre é un pracer coincidir cos compañeiros e compartir tempo, produtos e impresións.

Que é o que máis destaca dos produtos elaborados por Raizame?

Os nosos produtos destacan pola súa calidade e o seu sabor. As materias primas que empregamos son do mellor no mercado e iso fai que o produto final sexa excelente.

“Estes proxectos fomentan o consumo local e dan visibilidade á calidade dos produtos que se elaboran na provincia da Coruña”

Por que os escollen os consumidores e que é o que máis valoran?

O cliente valora en Raizame o incrible sabor das nosas elaboracións, a variedade de produtos que ofrecemos, feitos de xeito artesán e con ingredientes de toda a vida.

Dende a súa experiencia, que vantaxes ten o feito de promocionarse xunto con outros produtores do mesmo territorio?

Estes encontros fannos valorar, aínda máis se cabe, o traballo dos nosos produtores e a calidade das elaboracións que se fan na actualidade.

También en TUR43

11 septiembre 2026

Vidago acoge este sábado la última batalla para la Gran Final del Circuito TUR 43 Galicia Calidade


Leer más
4 septiembre 2026

Pablo Blanco: «El golf y el croquet son una excelente puerta de entrada para descubrir Asturias»


Leer más

Foto: Adobe Stock

2 septiembre 2026

Sanxenxo mantiene el pulso turístico en agosto y alarga la temporada hasta octubre


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Vidago acoge este sábado la última batalla para la Gran Final del Circuito TUR 43 Galicia Calidade
    11 septiembre 2026
  • Vidago pone el punto final a la fase clasificatoria del Circuito TUR 43 Galicia Calidade
    10 septiembre 2026
  • ‘Con Cuncha’ pone el foco en el sello que identifica la calidad de los productos y servicios gallegos
    9 septiembre 2026
  • Recorda Fest 2026: una edición para el «recordo»
    8 septiembre 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Pablo Blanco: «El golf y el croquet son una excelente puerta de entrada para descubrir Asturias»
    4 septiembre 2026
  • Silvina B. Muñoz: «En Algareira cremos que cada elaboración debe transmitir emoción e deixar un recordo»
    11 agosto 2026
  • 0
    Leo Bellas: «Lenatt é unha marca comprometida coa calidade, a innovación e o sabor»
    4 agosto 2026
  • Gisela e Pablo Suárez: «O noso principal valor diferencial é a honestidade»
    22 julio 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}