TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Entrevistas TUR 43
  • María Toceda: “Para nós o café non é só unha bebida: é unha forma de vivir”

María Toceda: “Para nós o café non é só unha bebida: é unha forma de vivir”

Redacción

1 octubre, 2025

Cafés Lúa foi outra das marcas que estivo presente no Mercado de Produtores organizado o venres 19 de setembro no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago no marco do Circuito de Golf e Croquet TUR 43, en colaboración coa Deputación da Coruña. Alí, esta firma, que leva máis de 36 anos compartindo a súa maneira de entender o café, demostrou aos asistentes ao Mercado que a provincia coruñesa é “un escaparate gastronómico único”, como sinala a directora de operacións de Cafés Lúa, María Toceda.

Que vantaxes ten para Cafés Lúa participar nun evento enmarcado no Circuíto de Golf e Croquet TUR 43, que atrae a xogadores do norte de España e Portugal?

Para nós é unha oportunidade perfecta para dar a coñecer o noso café: artesán, de calidade e sostible, tostado en Carballo. Este circuíto non fala só de deporte, turismo ou gastronomía, senón de experiencias que unen persoas e lugares. E o café encaixa á perfección neste relato: é a pausa que invita a parar, o intre que se comparte, o sabor que queda na memoria. Que os xogadores poidan gozar do noso café significa tamén achegarlles un anaquiño da nosa terra, porque os sabores de Galicia falan tanto dela como a súa paisaxe ou a súa cultura.

Que importancia teñen as iniciativas como este Mercado de Produtores da Deputación da Coruña para dar a coñecer a gastronomía coruñesa?

Iniciativas como esta son clave para poñer en valor os produtos gastronómicos da provincia. Estes mercados fannos visibles, axudan a crear comunidade e permiten que os consumidores coñezan a historia que hai detrás de cada produto. No noso caso, que vexan que detrás dunha taza hai un proceso artesanal, un ‘tueste’ verde –utilizamos pellets de madeira– e moito amor polo café.

“Este circuíto non fala só de deporte, turismo ou gastronomía, senón de experiencias que unen persoas e lugares”

Cafés Lúa xa participara antes nalgún dos proxectos da Deputación da Coruña?

Levamos tempo colaborando coa Deputación en diferentes proxectos, e valoramos moito a confianza e a oportunidade. O bonito destes proxectos é que imos da man doutros produtores que tamén cren na calidade e no valor do territorio. Iso multiplica o impacto, porque o consumidor pode descubrir varias marcas nun mesmo espazo, probar, comparar e ver que a nosa provincia é un escaparate gastronómico único. Ademais, créanse sinerxías moi interesantes entre nós, que tamén suman.

“Os sabores de Galicia falan tanto dela como a súa paisaxe ou a súa cultura”

Que é o que máis destaca dos seus produtos?

En Cafés Lúa levamos máis de 36 anos compartindo a nosa maneira de entender o café: artesán, sostible e con identidade propia. O noso xeito de traballar baséase en dar valor ás pequenas cousas, que son as que fan grande un café. Quen nos escolle sabe que aquí vai atopar proximidade, calidade e un sabor real. Porque para nós o café non é só unha bebida: é unha forma de vivir, con respecto polo que nos rodea, con amor polo que facemos e coa ilusión de compartilo con quen queremos.

También en TUR43

Foto: Adobe Stock

14 abril 2026

El modelo turístico gallego se consolida con récord de visitantes y apuesta por la sostenibilidad


Leer más
8 abril 2026

Galicia refuerza su promoción turística internacional con nuevas acciones


Leer más

Foto: Adobe Stock

7 abril 2026

Sanxenxo arranca la temporada con una ocupación hotelera del 73 %


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • A Coruña se consolida como capital del humor con el EMHU y refuerza su atractivo turístico
    22 abril 2026
  • El FIV de Vilalba celebra su XIX edición como referente de la música indie
    21 abril 2026
  • El auge de las mascotas impulsa cambios en el turismo y la convivencia urbana
    20 abril 2026
  • El Camino de Santiago se promociona en China con una experiencia inmersiva
    17 abril 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Carmen Sánchez: “Todo o que sexa divulgación e promoción para os nosos produtores é magnífico”
    23 octubre 2025
  • Brígida Hermida: «O que  máis valoran dos nosos xeados é a calidade da elaboración e a materia prima»
    22 octubre 2025
  • Diego Armando: «Para nós é clave lograr a atención nunha feira que presenta tanta oferta»
    21 octubre 2025
  • Gerardo Velando: “O cliente valora en Raizame o incrible sabor das nosas elaboracións”
    20 octubre 2025
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}