TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norte TUR 43, periódico de turismo del norteTUR 43, periódico de turismo del norte
  • Experiencias
    • Cultura
    • Naturaleza
    • Turismo en ruta
    • Lujo
  • Bienestar
    • Termalismo
    • Deporte y salud
    • Turismo sostenible
    • Turismo accesible
  • Enogastronomía
  • MICE
  • Eventos
  • Destinos
  • Nosotros
  • FITUR
  • Inicio
  • Entrevistas TUR 43
  • Mónika Romero: “Galicia ten unha riqueza infinita”

Mónika Romero: “Galicia ten unha riqueza infinita”

Rocío Moares

9 octubre, 2025

BenSenta está especializada en repostería elaborada de xeito artesanal sen azucres engadidos, nin glute nin leite. Ese é parte do segredo do éxito dos seus biscoitos, das súas tortas, dos seus pans e dos seus bocadiños, feitos con materias primas de gran calidade. A súa aposta polos produtos ecolóxicos, de tempada e de proximidade é outro dos valores diferenciais de BenSenta, moi aprezados polos consumidores, segundo destaca a súa fundadora, Mónika Romero.

O pasado 19 de setembro, BenSenta participou no Mercado de Produtores organizado no marco do Circuíto de Golf e Croquet TUR 43, en colaboración coa Deputación da Coruña, que se celebrou no hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela, onde Mónika Romero deu a coñecer a súa repostería nutritiva e saudable, que se pode mercar online, ademais de atopala na súa tenda da cidade herculina.

Como valora que se organice este Mercado de Produtores para dar a coñecer os produtos gastronómicos da provincia de xeito conxunto?

Pois paréceme unha idea bárbara, porque, doutra maneira, os que somos pequerrechos non temos maneira de poder chegar a todos os nichos aos que necesitamos chegar.

Este mercado enmárcase no seo do Circuíto TUR 43, que atrae xogadores de Asturias, Galicia e Portugal. Que lle parece a iniciativa para que a xente tamén doutros territorios coñeza os produtos da provincia coruñesa?

Esta iniciativa paréceme moi positiva, porque o noso nicho de mercado é a repostería nutritiva; é repostería para a xente que se quere coidar. Entón, nós estamos encantados de participar neste tipo de eventos. Tamén se asocia o deporte coa saúde, xa que o noso é un produto para coidarse, para nutrirse ben, para que sente ben: BenSenta, senta ben. Estamos encantadas por esta oportunidade. É moito traballo, porque somos pequerrechos e temos que abrir a tenda pola mañá e vir aquí pola tarde, pero paga a pena, a verdade.

“Nós somos un obradoiro sen glute, sen leite e sen azucre refinado; todo integral, con produto de proximidade”

E que produtos traen nesta ocasión?

Traemos unha pequena mostra, porque realmente non nos dá para poder traer todo o que nos gustaría. Aparte dos biscoitos e das coquiñas, tamén temos uns bocadiños que son a base de dátil, froitos secos, froita, produto de tempada, etc. Iso, a nivel deportivo, é similar ás barras enerxéticas: tómalos e quedas moi saciado. Pero non nos dá para traer realmente todo o que quixeramos.

Xa participaran algunha vez nunha iniciativa semellante organizada pola Deputación da Coruña?

Só participei no Festival da Luz. É un gran momento para a aprendizaxe, porque realmente eu son nova na aventura de emprender. E sempre aprendes, sempre coñeces a xente marabillosa, porque, a fin de contas, todos estamos no mesmo, e é unha plataforma fantástica para poñer en valor o noso traballo como artesáns, como pequeno comercio; é fantástico. Realmente ten vantaxes, porque podes unificar sinerxías. Nós somos un obradoiro sen glute, sen leite e sen azucre refinado. Todo integral, con produto de proximidade. E sempre coñeces a alguén que te complemente. É unha maneira tamén de arrouparnos e de axudarnos entre nós a tecer unha rede de sostemento, porque isto é unha carreira de fondo moi dura.

“O noso nicho de mercado é a repostería nutritiva, para a xente que se quere coidar”

Que é o que máis lles gusta aos consumidores dos produtos BenSenta?

O que máis lles gusta é que imos pasiño a pasiño e que son produtos reais. Todos os ingredientes aparecen na etiqueta, porque eu teño a máxima de poñer sempre todo na etiqueta, e os consumidores comen máis tranquilos. E son produtos de calidade porque non utilizamos calquera fariña: é todo ecolóxico e de proximidade. Moitas veces dinme “sabe moito a boniato”, porque, aparte de levar moito boniato, leva un gran boniato das leiras de por aquí. E nótase que son produtos de proximidade. Hai cousas que non poden ser de aquí, como o plátano ou o dátil, aínda que en Pontevedra xa se empezan a cultivar o mango e o aguacate, por exemplo. Isto é moi interesante porque ao final Galicia ten unha riqueza infinita; é amable con outros produtos que reconverten un pouco o que é a horta local e iso é marabilloso.

También en TUR43

10 agosto 2026

Silvina B. Muñoz: «En Algareira cremos que cada elaboración debe transmitir emoción e deixar un recordo»


Leer más

Fotos: Xunta de Galicia

6 agosto 2026

O Camiño do Litoral, unha senda verde para vertebrar os máis de 2.500 quilómetros da costa galega


Leer más
4 agosto 2026

Leo Bellas: «Lenatt é unha marca comprometida coa calidade, a innovación e o sabor»


Leer más

Los comentarios están cerrados.

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Todo listo para el eclipse: cómo disfrutar del espectáculo del 12 de agosto sin riesgos
    11 agosto 2026
  • Silvina B. Muñoz: «En Algareira cremos que cada elaboración debe transmitir emoción e deixar un recordo»
    10 agosto 2026
  • El Mercado dos Faros vuelve a la ciudad herculina con el eclipse como hilo conductor
    7 agosto 2026
  • O Camiño do Litoral, unha senda verde para vertebrar os máis de 2.500 quilómetros da costa galega
    6 agosto 2026

ENTREVISTAS TUR 43

  • Silvina B. Muñoz: «En Algareira cremos que cada elaboración debe transmitir emoción e deixar un recordo»
    10 agosto 2026
  • 0
    Leo Bellas: «Lenatt é unha marca comprometida coa calidade, a innovación e o sabor»
    4 agosto 2026
  • Gisela e Pablo Suárez: «O noso principal valor diferencial é a honestidade»
    22 julio 2026
  • Arturo Zarauza: «Es un orgullo habernos consolidado en un Circuito del prestigio de TUR 43 Galicia Calidade»
    16 junio 2026
© 2020 TUR 43. Todos los derechos reservados | Quiénes somos | Contacto | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}